Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o novo centro social de Carballeda de Avia como exemplo da aposta do Goberno galego pola revitalización do rural
O Executivo autonómico achegou máis de 285.000 euros ao equipamento de Muimenta, no marco do Plan de Investimentos
A Xunta destaca o potencial turístico do parque de dinosauros Terra Nublar, inaugurado hoxe en Outeiro de Rei
O Goberno galego colaborou co proxecto con senllas axudas do Igape e de Agader, a través do GDR Terras de Lugo
Belén do Campo destaca o papel das axudas da Xunta para impulsar a innovación e a competitividade das industrias agroalimentarias
A delegada da Xunta visitou a empresa Lácteo Ferrado Verde beneficiaria na última convocatoria Consellería do Medio Rural destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios.
A Xunta salienta o traballo excelente do CiQUS, centro galego que vén de recibir o prestixioso selo científico María de Maeztu
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, asiste en Valencia ao acto de entrega da distinción a este centro referente en investigación química pertencente á Rede CIGUS
A presidenta de Portos e o alcalde de Ortigueira urxen ao Miteco o informe necesario para a dragaxe de Espasante, solicitado hai máis dun ano
Natalia Botana e Valentín Calvín mantiveron unha reunión para avaliar os avances nesta obra na que o ente público ten previsto un investimento de 1,1 M€
Belén do Campo comproba no Pino o labor dos tres traballadores contratados cun apoio de preto de 51.000 € do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo
Na provincia da Coruña a Xunta destinou máis de 5 millóns de euros a esta liña de axudas, o que permitiu a contratación de 283 persoas en 82 concellos
A Xunta e a Academia Galega do Audiovisual colaboran para proxectar as curtas dos Premios Mestre Mateo en 26 concellos
O Ciclo Mestre Mateo Galicia Calidade levará as oito pezas finalistas e gañadoras na última edición dos galardóns ata localidades que non contan con salas de exhibición estables
A Xunta destina 150.000 € para apoiar seis microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior
O Diario Oficial de Galicia recolle que se financiarán actuacións promovidas polas entidades Beyond Suncare, Fundación Ayuda Solidaria Hijas de Jesús, Miradas al Mundo, Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia (Briegal) e Semilla para el Cambio