Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.581 novas:

02/09/2026 | 17:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Galicia sitúase á cabeza das comunidades autónomas con vivenda pública licitada, ocupando a cuarta posición

A licitación de vivenda do conxunto das administracións en Galicia foi de 108,9 M€, dos que 67,5M€ corresponderon á Xunta, 35M€ aos concellos e 6,4M€ ao Estado

02/09/2026 | 17:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/09/2026 | 17:28 | C. de Sanidade

A Xunta activa mañá a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra

As zonas do centro de Lugo, do interior da Coruña e da montaña de Ourense estarán en alerta laranxa

02/09/2026 | 17:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia o labor de integración de Aspnais na presentación da carreira solidaria Holi Run

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo en valor o labor da entidade, á que a Xunta achega este ano máis de 2,7 millóns de euros

02/09/2026 | 17:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta esixe á Sareb que complete a adxudicación pendente das sete vivendas protexidas en Narón

O secretario  xeral destaca no Parlamento que o IGVS abriu dilixencias previas e advirte de que poderá iniciar un expediente sancionador se non se cumpre a normativa galega

02/09/2026 | 17:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia un proxecto innovador en medicamentos personalizados a través de impresión 3D

FABRX AI é unha das 15 beneficiarias da última convocatoria da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP de doutoramentos Industriais, cunha axuda de 135.000€ para un proxecto en colaboración coa Universidade de Santiago (USC)

02/09/2026 | 17:05 | C. de Política Social e Igualdade

Friol estrea este curso unha escola infantil con 51 prazas, na que a Xunta investiu máis de 220.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou as instalacións, froito das obras executadas para transformar o Punto de Atención á Infancia nun centro máis amplo e moderno

02/09/2026 | 16:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o esforzo de Augas de Galicia para que os ingresos polo canon se traduzan cada ano no dobre de investimentos en obras nos concellos

Roi Fernández lembra que, a pesar de que o abastecemento é unha competencia municipal, o organismo hidráulico autonómico brinda o seu “apoio adicional” aos concellos que o necesitan, prestando unha atención especial aos máis pequenos

02/09/2026 | 16:38 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta pola innovación para crear un ecosistema industrial atractivo que permita captar novas empresas e atraer talento

Lembra que a Xunta vén de resolver en agosto as convocatorias de axudas dos programas IA360, Igape Innova e Ticket Innova que concederá case 15 millóns de euros en axudas directas á innovación empresarial a máis de 500 empresas de Galicia

02/09/2026 | 16:18 | C. de Sanidade

A Xunta e o Concello de Lugo avanzan no proxecto do centro de saúde do Sagrado Corazón e na urbanización da parcela do antigo colexio

O conselleiro informou á alcaldesa da previsión de que as obras de reforma do centro de saúde da Milagrosa avancen a pleno rendemento tras afrontar a necesidade imprevista  de reforzo da estrutura