Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.274 novas:

12/07/2026 | 11:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta valora o traballo das entidades sociais pola visibilización das persoas con ELA

Perfecto Rodríguez lembrou que Galicia foi a primeira comunidade en ofrecer unha prestación económica anual aos doentes

12/07/2026 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas para construír unha senda peonil e ciclista na PO-841 ao seu paso polo Concello da Estrada, cun investimento de 1,1 M€

O obxectivo do novo itinerario é facilitar os desprazamentos seguros de peóns e ciclistas neste treito entre o núcleo da Estrada e o polígono industrial de Toedo 

12/07/2026 | 10:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a coordinación coas asociacións venezolanas e cos centros galegos para apoiar ás persoas afectadas polos terremotos rexistrados

Na xuntanza participaron representantes da Hermandad Gallega de Venezuela e da Federación de Centros Españoles de Venezuela, así como da Federación Venezolana de Galicia e das asociacións venezolanas nas catro provincias galegas

12/07/2026 | 10:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acredita a 8.000 alumnos como guías escolares da eclipse tras superar a formación obrigatoria e completar diversas actividades

A iniciativa recoñece a formación do alumnado en astronomía e reforza o compromiso da Xunta co fomento da ciencia nas aulas

12/07/2026 | 10:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina 350.000 € a apoiar a produción editorial galega, tras unificar tres liñas de axudas que serán bianuais en resposta á demanda do sector

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lanza nunha convocatoria as axudas de gastos de edición, distribución e comercialización, as de audiolibros e as de libros en lectura fácil 

12/07/2026 | 09:59 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08.30 h. de hoxe

Foi desactivada esta madrugada a Situación 2 no incendio do concello lucense de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, que segue activo e afecta arredor de 90 hectáreas

11/07/2026 | 20:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra hoxe a edición de xullo de ‘Artesanía de Galicia en Merza’ para seguir promovendo a comercialización do produto artesán galego

Este sábado ten lugar unha nova edición mensual deste evento impulsado polo Goberno galego en colaboración co obradoiro Eferro, con 10 obradoiros da marca Artesanía de Galicia e actividades complementarias como un taller gratuíto de macramé

11/07/2026 | 20:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a sensibilización e o asesoramento en materia de xénero a través do punto lila e arcoíris no Portamérica

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou este espazo de información e atención que está aberto todos os días ata o peche do festival