Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.546 novas:

30/08/2026 | 11:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Máis de 1.400 proxectos xa foron asesorados en Ourense a través da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia

Ademais, os catro polos do Barco de Valdeorras, Baños de Molgas, O Carballiño e Verín teñen contribuído á creación de máis de 150 novas empresas, consolidando esta iniciativa como unha das principais vías de canalización das novas ideas de negocio

30/08/2026 | 11:06 | C. de Política Social e Igualdade

Aberto o prazo de solicitude das axudas económicas da Xunta para vítimas de violencia sexual

O Goberno galego destina dous millóns de euros a esta nova convocatoria de achegas, que busca favorecer a recuperación integral das mulleres afectadas

30/08/2026 | 10:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pecha o próximo domingo a mostra ‘As estacións do ano’ no Museo Gaiás con máis de 36.000 visitas

A exposición propón unha viaxe sensorial pola arte galega cun percorrido que atravesa as paisaxes e memorias da primavera, o verán, o outono e o inverno 

30/08/2026 | 10:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor os arredor de 1.500 proxectos asesorados en Lugo a través da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego

Os cinco polos activos na Fonsagrada, Mondoñedo, Friol, Monforte e Sarria contribuíron xa á creación de 116 novas empresas, consolidando esta iniciativa como unha das principais vías de canalización das novas ideas de negocio en Galicia

30/08/2026 | 10:11 | C. de Facenda e Administración Pública
30/08/2026 | 10:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta os máis de 2.100 proxectos atendidos na provincia da Coruña a través da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego

Ademais, os tres polos activos en Ferrol, Coristanco e Melide teñen contribuído xa á creación de máis de 260 novas empresas, consolidando así esta iniciativa autonómica como unha das principais vías de canalización das novas ideas de negocio en Galicia

30/08/2026 | 09:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca os máis de 2.000 proxectos asesorados en Pontevedra a través da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego

Os Polos de Silleda, O Porriño e Vilanova de Arousa contribuíron xa á posta en marcha de 135 novas empresas

29/08/2026 | 20:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor a Noite Meiga de Sarria na súa primeira celebración como Festa de Interese Turístico de Galicia

O director de Turismo de Galicia participou na celebración onde salientou que con este recoñecemento, son xa 37 festas da provincia de Lugo que contan con esta distinción

29/08/2026 | 20:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta despide aos nenos saharauís do Programa Vacacións en Paz que pasaron o verán en Galicia con familias de acollida

Galicia é a terceira comunidade con máis menores acollidos este ano no marco deste programa, arredor de 280

29/08/2026 | 19:46 | C. do Mar

Villaverde destaca a ofrenda aos mariñeiros de Meira como un tributo de xustiza á memoria e ao traballo da xente do mar

Durante o evento homenaxeouse a Fernando Malvido, encargado do discurso e a ofrenda floral, e a María Trigo, pioneira ao converterse en 1980 na primeira muller do Morrazo en obter a libreta marítima