Actualidade
Buscador de novas
As obras de mantemento dos viadutos da autovía do Morrazo farán necesarios desvíos de tráfico na AG-46 a partir deste martes, 1 de setembro
Trátase de avanzar na execución dos traballos de mantemento e mellora nos viadutos da Moura, A Fraga e A Mó
A Xunta instala 12 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos do río Masma, en Mondoñedo
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
Villares visita a Feira do libro de Monforte, a última do circuíto impulsado pola xunta coa Federación de Librarías de Galicia
O delegado territorial puxo en valor o papel dos libreiros na promoción da lectura e na dinamización cultural das vilas e cidades galegas
Medio Rural achega á cidadanía a calidade diferenciada dos produtos agroalimentarios galegos cun novo mercado de verán en Viveiro
María José Gómez asistiu hoxe a esta iniciativa que se celebra esta fin de semana na localidade lucense, onde reafirmou a aposta da Xunta por levar as elaboracións gastronómicas directamente a os espazos nos que se atopan as persoas consumidoras
Villares enxalza a V Festa da Ribeira Sacra como escaparate do sector vitivinícola
O delegado territorial da Xunta participou na apertura da feira, que durante a fin de semana ofrecerá no Saviñao unha completa programación arredor da cultura do viño, a gastronomía e a artesanía
Villaverde resalta na inauguración da Festa do Marisco de Vigo a calidade que distingue os produtos do mar de Galicia
A Xunta colabora coa organización deste evento que se celebra do 27 ó 30 de agosto e do 3 ao 6 de setembro