Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.589 novas:

01/09/2026 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación convoca os Premios Fin De Carreira das Ensinanzas Artísticas Superiores para recoñecer a excelencia académica

O alumnado de Música, Deseño, Arte Dramática e Conservación e Restauración de Bens Culturais pode presentar a súa candidatura ata o 1 de outubro

01/09/2026 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
01/09/2026 | 12:23 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde incorpora á Sociedade Oncolóxica de Galicia como socio científico para colaborar no desenvolvemento do centro de coidado integral do cancro

A Xunta traballa en acadar a certificación para formar parte da rede europea de centros de referencia contra o cancro, tras a designación de Galicia como candidata 

01/09/2026 | 11:59 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta lanza unha nova campaña para reforzar o Selo Galicia Calidade como distintivo de garantía dos produtos e servizos galegos

Incluirá anuncios en televisión, radio, prensa dixital e escrita, así como con materiais para soportes urbanos

01/09/2026 | 11:45 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convoca novas probas para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel intermedio

As probas realizaranse entre os días 7 e 16 de outubro de forma presencial nas aulas CeMIT de 48 concellos de toda Galicia

31/08/2026 | 18:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 450.000 euros no obradoiro de emprego que comparten Paradela, Láncara e Samos

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, comprobou hoxe as melloras que se están a executar no exterior do colexio público de Paradela, onde tamén se encargarán de acondicionar tres miradoiros

31/08/2026 | 16:01 | C. do Mar

Villaverde salienta en Artesa o respaldo da Xunta á modernización e competitividade da cadea mar-industria galega

A Consellería do Mar destinou desde 2016 preto de 800.000 € a actuacións para mellorar a capacidade produtiva, os equipamentos e a eficiencia enerxética da empresa

31/08/2026 | 15:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre mañá o prazo dunha nova edición do Xuventude Crea polo que xa pasaron preto de 6.000 mozos e mozas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para a presentación de solicitudes, que remata o vindeiro 30 de setembro

31/08/2026 | 15:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo e a alcaldesa de Ribeira supervisan os traballos do obradoiro de emprego de carpintaría na escola infantil municipal e de mellora de montes na parcela de San Roque

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo, organizado en colaboración co Concello do Porto do Son, conta cun investimento de case 547.000 euros, para formar a 20 desempregados no eido de mantemento forestal e carpintaría e moble e que se está desenvolvendo desde o pasado 1 de xullo ata o 28 de febreiro de 2027