Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.589 novas:

04/09/2026 | 15:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/09/2026 | 14:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza o labor social da Fundación San Rosendo na súa xornada de convivencia anual en Mondoñedo

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañou aos usuarios e representantes da entidade nesta cita

04/09/2026 | 14:56 | C. de Sanidade

O proxecto YAM da Xunta de Galicia, candidato a mellor iniciativa europea no ámbito da innovación social pola promoción da saúde mental en estudantes

Os días 7 e 8 de outubro terá lugar en Bruxelas o Foro de Innovación Social 2026, no que se presentará esta iniciativa ao resto de participantes

04/09/2026 | 14:16 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta
04/09/2026 | 14:10 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca as achegas que as empresas tecnolóxicas poden facer á industria da seguridade e a defensa

Balidea foi unha das 52 beneficiarias da liña de axudas para certificacións (1,5 M€) que a Xunta convocou por primeira vez este ano, e que é unha das medidas que recolle a Estratexia de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda) para as empresas que queiran dar o salto cara a esta industria

04/09/2026 | 14:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego presenta ‘A culpa’, un espectáculo coproducido con estudo momento que integra teatro e música sinfónica

A compañía pública participa nesta adaptación da novela homónima de María Solar, Premio Xerais 2022, que se estreará o 7 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol

04/09/2026 | 13:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste 450.000 euros no taller de emprego de Viveiro, centrado na mellora de espazos públicos e na creación dun parque canino na Xunqueira

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destaca que os obradoiros duais permiten promover obras e servizos nos concellos, ao tempo que fomentan o emprego a nivel local

04/09/2026 | 13:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta consolida o impulso á proxección exterior da música galega a través de 12 novos concertos no circuíto ‘AIEnRUTa’

A colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coa Sociedade de Artistas, Intérpretes ou Executantes garante a participación de tres artistas ou bandas galegas en cada semestre desta rede estatal

04/09/2026 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a formación especializada no eido da construción en madeira a través da liña de axudas Xera-Savia

Destaca o compromiso do Goberno galego para incorporar de xeito progresivo o emprego deste elemento nas edificacións que promova ou execute a Administración pública ata acadar o 20 %

04/09/2026 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 30 M€ as obras de construción de 168 vivendas de promoción pública en Lugo, que se destinarán á compra

A Plataforma de Contratos recolle hoxe a licitación destes traballos, e as empresas poderán presentar ofertas ata o 20 de outubro