Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.446 novas da área temática Agricultura e gandería:

18/06/2025 | 18:29 | C. do Mar; C. do Medio Rural

Medio Rural reafirma a súa aposta pola seguridade e a sanidade animal e vexetal na conferencia sectorial de agricultura

As conselleiras do Medio Rural e do Mar participaron de xeito telemático nas reunións da Conferencia sectorial de agricultura e desenvolvemento rural e do Consello consultivo de política agrícola e política pesqueira

18/06/2025 | 14:26 | C. do Medio Rural

Medio Rural inviste este ano máis de 10 M€ en axudas para apoiar a reestruturación de viñedo, a comercialización e a promoción do viño galego

A conselleira María José Gómez puxo hoxe en valor o compromiso da Xunta co sector vitivinícola galego nunha visita á adega Eidosela, situada en Arbo e que aposta polo modelo cooperativo, con 63 socios que xestionan arredor de 60 hectáreas de viñedo

17/06/2025 | 16:29 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 1,3 M€ en 18 cooperativas da provincia da Coruña para promover o uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo

O obxectivo destas axudas é promover o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego e racionalizar os custos de mecanización

17/06/2025 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta recibe preto de 600 solicitudes para levar a cabo proxectos de desenvolvemento rural no marco da intervención Leader

A conselleira María José Gómez visitou esta mañá a Clínica Santo Tomé de Taboada, beneficiaria destas achegas, onde puxo en valor a convocatoria de 2025 dotada con 12,6 millóns de euros, que pechou o prazo de solicitude recentemente

16/06/2025 | 18:32 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina este ano 11 M€ aos seguros agrarios e á xestión dos animais mortos nas explotacións

A conselleira María José Gómez visitou esta tarde en Cerceda as instalacións de Gesuga, a concesionaria do servizo público autonómico de recollida, transporte e eliminación de animais mortos nas explotacións gandeiras galegas

16/06/2025 | 17:48 | C. do Medio Rural

Galicia executa máis do 90 % da campaña da PAC 2024, situándose como a segunda comunidade autónoma con maior nivel de execución

A tres semanas de rematar os pagos da campaña da PAC 2024 só catro comunidades autónomas se atopan por riba do 90 % de execución, entre elas Galicia

15/06/2025 | 10:06 | C. do Medio Rural

Xornada de portas abertas este martes no CFEA de Sergude para presentar os seus ciclos formativos

O programa de actos combinará a presentación dos cursos cunha visita guiada polas instalacións deste Centro de Formación e Experimentación Agroforestal adscrito á Consellería do Medio Rural