Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 663 novas da área temática Portos:

25/09/2026 | 14:41 | C. do Mar

A Xunta e Anfaco despregan unha ofensiva institucional para blindar a industria conserveira ante as negociacións da UE con Tailandia

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o secretario xeral de Anfaco-Cytma, Roberto Alonso, demandan que o atún en conserva sexa declarado produto estritamente sensible e se exclúa dos acordos comerciais sen garantías de reciprocidade

24/09/2026 | 17:23 | C. do Mar

Galicia valora a proposta da Comisión Europea para simplificar o FEMPA e insiste en reclamar a revisión da Política Pesqueira Común

A proposta, que agora deberán estudar o Consello da UE e a Eurocámara, recolle prioridades estratéxicas impulsadas pola comunidade xunto ás rexións periféricas marítimas, como a desburocratización, a renovación da frota e a remuda xeracional

22/09/2026 | 16:45 | C. do Mar

Portos de Galicia financiará o 80% das obras de reposición da pasarela de Noia para poder reabrila ao tránsito peonil en condicións de seguridade

A presidenta de Portos de Galicia reuniuse co alcalde da localidade para sentar as bases do convenio que regulará a colaboración de ambas administracións nesta actuación na que o Concello asumirá o 20% do custe

21/09/2026 | 14:48 | C. do Mar

Portos de Galicia investirá 240.000 € na construción dunha nave para almacenamento de aparellos para os mariñeiros de Laxe

A presidenta de Portos de Galicia reuniuse co alcalde da localidade para informar dos avances no proxecto que sairá a licitación proximamente

21/09/2026 | 10:54 | C. do Mar

Portos de Galicia mellorará as escaleiras e varandas de uso profesional no peirao de Aguiño, en Ribeira

A presidenta do ente público reuniuse co patrón maior da confraría da localidade para planificar melloras nesta dársena

19/09/2026 | 14:05 | C. do Mar

A Xunta destaca en Burela o valor da pesca costeira artesanal como motor de futuro das comunidades mariñeiras

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na presentación de novas actuacións do proxecto PESCARTE: a prol da pesca costeira artesanal, impulsado pola Confraría de Pescadores de Burela

18/09/2026 | 11:43 | C. do Mar

Mar investirá 80.000 € na renovación da cuberta dos departamentos de armadores do porto de Burela

A presidenta de Portos de Galicia reuniuse coa confraría de pescadores para informar sobre as obras que se executarán antes de final de ano