Volver
Conselleiros/as do Goberno Galego
  • whatsapp whatsapp
presidencia

VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Alfonso Rueda Valenzuela

Naceu no ano 1968. Está casado e con duas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

  • Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados.
  • Secretario-Interventor da Mancomunidade da Paradanta.
  • Xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
  • Ano 2000. Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.
  • Ano 2006. Secretario Xeral do PPdeG.
  • Ano 2009. Elexido Deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas.
  • Desde 2009 é conselleiro de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza.
 
facenda

CONSELLEIRO DE FACENDA
Valeriano Martínez García

Nacido en Aldán, Cangas, en 1961. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.

  • Desde 1985 é funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda.
  • Foi director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia.
  • De 2009 ata o seu nomenamento como conselleiro de Facenda, en febreiro de 2015, foi secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia.
 
traballo1

CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
Beatriz Mato Otero

Naceu no ano 1965. É enxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Ten o master de dirección e administración de empresas MBA por la Escuela de Negocios MBA homologado pola Universidade de A Coruña.

  • Ano 1989. Técnico de Sistemas na multinacional IBM.
  • Ano 1990. Técnico Comercial da multinacional RANK XEROX ESPAÑA S.A.
  • Ano 1993. Técnico do departamento de calidade na empresa de enxeñería NORCONTROL S.A..
  • Ano 1994. Forma parte do IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica, ente público adscrito á Consellería de Economía e Facenda.
  • Ano 1997. Pon en marcha a Unidade de Información empresarial, adscrita á Dirección Xeral Axunta do IGAPE.
  • Ano 2000. Delegada da Oficina Territorial do Igape na Coruña.
  • Ano 2002. Delegada Provincial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña.
  • Ano 2005. Deputada no Parlamento de Galicia. Na VII Lexislatura ocupou a portavocía de Traballo.
  • Desde 2009 ata 2015 foi conselleira de Traballo e Benestar.
  • Desde outubro de 2015 é conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
 
cmati

CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
Ethel Mª Vázquez Mourelle

Nacida en Santiago de Compostela en 1972, Ethel Vázquez Mourelle, é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

  • Ano 1996 a 2003. Distintos traballos de redacción de proxectos e dirección de obras, así como a elaboración de plans directores de saneamento.
  • Ano 2003. Colaboradora da Dirección Xeral de Augas e da Presidencia da EPOSH e coordinación co gabinete do Conselleiro de Medio Ambiente.
  • Ano 2005. Xefa da Área Técnica da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.
  • Ano 2009. Presidenta do organismo autónomo Augas de Galicia e da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) da Xunta de Galicia.
  • Ano 2010. Directora xeral de Infraestruturas.
  • Ano 2011. Presidenta da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.
  • Ano 2012. Directora da Axencia Galega de Infraestruturas.
  • Desde 2014 a 2015 foi conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  • Desde outubro de 2015 é conselleira de Infraestruturas e Vivenda.
 
economia

CONSELLEIRO DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Francisco Conde López

Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade. Foi profesor da Universidade CEU San Pablo entre 1995 e 2009, onde ocupou diferentes responsabilidades.

  • Director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman.
  • Secretario do Instituto de Estudos Europeos.
  • Ano 2002. Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
  • Ano 2004. Director de Relacións Internacionais.
  • Ano 2005. Vicerreitor de Relacións Internacionais.
  • Ano 2009. Asesor do presidente da Xunta de Galicia.
  • Desde 2012 a 2015 foi conselleiro de Economía e Industria.
  • Desde outubro de 2015 é conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
 
cultura

CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Román Rodríguez González

Naceu no Vento, Lalín, en 1968.Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario e doutor en Xeografía e máster en Desenvolvemento, foi profesor da Universidade de León.

  • Profesor titular do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Autor dunha ducia de libros e coautor de case vinte publicacións da súa especialidade, amais de ter participado en corenta libros colectivos.
  • Dirixiu másteres e cursos de posgrado vinculados coa temática do ordenamento territorial.
  • No ano 2000 foi galardoado co Premio da Crítica de Galicia no campo da investigación.
  • Concelleiro en Lalín polo PP desde 1999 con responsabilidades en Cultura, Medio Ambiente, Urbanismo, Desenvolvemento Local e Portavocía.
  • En 2009 foi elixido deputado autonómico.
  • Foi designado vicevoceiro do Grupo Popular e voceiro nos eidos de Educación, Urbanismo e Ordenación do Territorio.
  • Desde febreiro de 2015 é conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 
mar

CONSELLEIRO DE SANIDADE
Jesús Vázquez Almuíña

Naceu en Baiona en 1962. Licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid. Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.

  • Foi alcalde de Baiona desde 2004 e deputado provincial en Pontevedra desde 2003.
  • Foi director provincial do Sergas de Pontevedra; director-xerente do Hospital Meixoeiro; coordinador do servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente do Hospital Meixoeiro de Vigo; e médico do Servizo de Admisión do mesmo hospital.
  • Con anterioridade, foi tamén coordinador dos servizos de arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa; xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes no mesmo centro e médico no servizo de Urxencias.
  • Exerceu como médico de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia.
  • Desde outubro de 2015 é conselleiro de Sanidade.
 
mar

CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL
José Manuel Rey Varela

Naceu en Ferrol en 1975. Licenciado en Dereito. Especialista en Liderado de Xestión Pública polo IESE Business School. Avogado .

  • Edil no Concello de Ferrol (2002).
  • Concelleiro de Facenda, Patrimonio, Emprego e Xuventude de 2003 a 2007.
  • Deputado provincial na Coruña de 2007 a 2011.
  • Foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) de 2011 a 2015.
  • Alcalde de Ferrol de 2011 a 2015.
  • Desde 2015 é conselleiro de Política Social.
 
mar

CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL
Ángeles Vázquez Mejuto

Naceu en Melide en 1972. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada.

  • Técnica en Información e cultura.
  • Foi alcaldesa de Melide desde o ano 2011 ata outubro de 2015, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007.
  • No ámbito municipal, previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de comunicación.
  • Tamén foi deputada provincial en A Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia.
  • Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística, como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación.
  • Desde outubro de 2015 é conselleira do Medio Rural.
 
mar

CONSELLEIRA DO MAR
Rosa Quintana Carballo

Naceu no ano 1959. É licenciada en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela. Doctorado en Bioloxía coa tese .Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado.

  • Ano 1987. Comeza a traballar como funcionaria na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como Inspectora Pesquera.
  • Ano 1989. Ocupa o posto de Xefa de Sección de Inspección Pesquera.
  • Ano 1992. Nomeada Xefa de Servizo de Marisqueo.
  • Ano 1997. Ocupa o posto de Delegada Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.
  • Ano 2001. Nomeada Directora Xeral de Innovación e Desarrollo Pesquero da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
  • Desde a súa licenciatura ata a actualidade participou como ponente en diversos cursos relacionados co mundo da pesca e publicou distintos traballos, tamén relacionados coa pesca, o marisqueo e a acuicultura.
  • No ano 2007, participou como experta da U.E. na celebración de seminarios sobre lexislación alimentaria na U.E. para produtos da pesca e a acuicultura en Puerto Varas, Chile.
  • Desde 2009 a 2012 foi conselleira do Mar.
  • Desde 2012 a 2015 exerceu como conselleira do Medio Rural e do Mar, volvendo a ser nomeada como conselleira do Mar en outubro de 2015.