Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.348 novas da área temática Comercio:

19/07/2026 | 14:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura hoxe en Boiro unha nova Feira galega de artesáns

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá a ‘Feira Galega de Artesáns’ que arrancou o pasado venres e na que participan 14 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia

18/07/2026 | 16:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Chantada a técnica tradicional do esgrafiado de paredes

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse ata o espazo dos Casares, onde hoxe remata o curso impartido pola artista Gloria García Lorca, pola ceramista Loaira Pérez e pola artesá especialista en construción Carola Carrot

18/07/2026 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o mercado ‘Sabor a novo’ que se celebra esta fin de semana en Santiago

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata o Pazo de San Lourenzo para apoiar os 13 obradoiros de Artesanía de Galicia que participan

17/07/2026 | 17:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o seu compromiso co concello de Xermade en favor da recuperación e posta en valor do oficio da tornería de madeira

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participaron hoxe na inauguración do Centro Internacional de Tornería A Reitoral

17/07/2026 | 15:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros destaca as mesas locais de comercio como ferramentas de comunicación directa co sector

A delegada territorial participou esta mañá na Mesa Local de Comercio de Ortigueira e na entrega de premios da campaña 'Merca no teu Comercio'

16/07/2026 | 13:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achégalle os oficios artesanais á xuventude a través do campamento de verán ‘Arte nas mans’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse hoxe ata a segunda edición da iniciativa que se está a desenvolver en Allariz, dirixida a persoas de entre 18 e 30 anos

14/07/2026 | 11:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina case 2,5 M€ a 56 centros comerciais abertos e catro federacións do sector para garantir a dinamización e competitividade do comercio local

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe senllas resolucións de axudas de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que teñen como obxectivo final aumentar as vendas no comercio de proximidade

12/07/2026 | 22:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca no Ribadeo Indiano a importancia da colaboración entre o comercio local e os eventos singulares na dinamización das vilas galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no peche da campaña organizada por ACISA Ribadeo e destacou o valor das iniciativas de dinamización comercial para fidelizar a clientela e incentivar o consumo de proximidade

11/07/2026 | 20:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra hoxe a edición de xullo de ‘Artesanía de Galicia en Merza’ para seguir promovendo a comercialización do produto artesán galego

Este sábado ten lugar unha nova edición mensual deste evento impulsado polo Goberno galego en colaboración co obradoiro Eferro, con 10 obradoiros da marca Artesanía de Galicia e actividades complementarias como un taller gratuíto de macramé