Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.038 novas da área temática Turismo:

23/07/2026 | 18:08 | Axencia de Turismo de Galicia

O delegado da Xunta en Pontevedra destaca o impacto das axudas para actuacións de embelecemento en establecementos turísticos do litoral

Pablo Fernández visitou o Hotel Spa Galatea, en Sanxenxo, que recibiu unha achega total de preto de 24.000 euros

23/07/2026 | 16:47 | Axencia de Turismo de Galicia

O comisario do Xacobeo 2027 aborda co reitor da UDC vías de colaboración para implicar á comunidade universitaria na preparación do Ano Santo

Marcos Gómez Román destacou a importancia de impulsar iniciativas que acheguen o Xacobeo 2027 ao estudantado, ao persoal docente e investigador e ao persoal de administración e servizos

23/07/2026 | 15:33 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activará o Platerga e reforzará o transporte público por estrada no eixo atlántico, en Lugo e na Mariña co gallo da eclipse do 12 de agosto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, avanzou hoxe esta medida co obxectivo de ofrecer unha alternativa ao vehículo particular nunha xornada na que se prevé un volume elevado de desprazamentos na comunidade

23/07/2026 | 13:49 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude
23/07/2026 | 13:43 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta incorpora os produtos da empresa cambadesa A Mariscadora á marca Galicia Calidade

Con esta certificación son xa 6 empresas conserveiras galegas dentro do selo autonómico

22/07/2026 | 21:34 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o libro ‘Miradas do Camiño’ de Manuel Quintana Martelo como obra clave para achegarse aos sentimentos dos peregrinos na ruta xacobea

Salienta o carácter intimista á vez que universal desta publicación que recompila acuarelas do autor, baseadas na súa propia experiencia camiñando cara a Santiago

22/07/2026 | 14:58 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta incrementa a capacidade aloxativa do turismo de interior coa apertura da Casa do Baño en Bande mentres Ourense medra un 7,9% en viaxeiros

O director de Turismo de Galicia inaugurou o novo establecemento, unha pensión de tres estrelas de titularidade municipal, con seis habitacións dobres e capacidade para 12 persoas

21/07/2026 | 18:30 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta renova o seu apoio ao Mercado Medieval de Mondoñedo, que celebra a súa 34ª edición do 7 ao 9 de agosto

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destaca o papel deste festexo como reclamo turístico do verán no municipio

21/07/2026 | 14:20 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia mellora a sinalización do litoral de Valdoviño para enriquecer a experiencia dos visitantes, que medran máis dun 16% no mercado internacional

Xosé Merelles visitou a sinalización instalada na Praia de Pantín que no mes de agosto acollerá a celebración do ABANCA Pantín Classic Galicia Pro 2026, unha das principais citas do calendario internacional de surf