Xunta de Galicia

Nova Axenda Social de Galicia

A Nova Axenda Social de Galicia formula respostas adaptadas ás características que presentan as novas situacións de pobreza e exclusión a consecuencia dos cambios estruturais na sociedade actual. As medidas que comprende diríxense á poboación en risco de pobreza e exclusión social e, de xeito concreto, algunhas delas diríxense nomeadamente a un perfil de familias que rexistran actividade económica e baixos ingresos e que, por diversas razóns, non acceden aos dispositivos de axuda de inclusión.

A Nova Axenda Social constitúe un marco de reforzo das vías de coordinación e cooperación entre os axentes públicos do Sistema de Servizos Sociais – Xunta de Galicia e concellos-, igualmente en colaboración coas entidades de iniciativa social para acadar os obxectivos de inclusión social establecidos no Plan Operativo de Inclusión Social de Galicia 2015-2016.

As medidas da Nova Axenda Social clasifícanse, atendendo á súa finalidade, nas seguintes grandes áreas: medidas de apoio á renda, de abordaxe da pobreza enerxética e infantil, de atención á inclusión residencial, de promoción de programas e proxectos de inclusión social, de atención á dependencia, de apoio á contratación de persoal para os servizos sociais municipais, dirixidas a entidades sociais e de colaboración con outros axentes. De xeito concreto:

  1. Medidas de apoio á renda, como poden ser a mesma RISGA; as Axudas de Inclusión Social (AIS) ou as Axudas de Emerxencia Social e Complementarias ás AIS; entre outras que dependen da Consellería de Política Social.
  2. Medidas de abordaxe da pobreza enerxética como o tícket eléctrico e o programa para evitar cortes de subministro eléctrico implantado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria
  3. Medidas de atención á inclusión residencial, nas que se enmarcan, entre outros, programas como Reconduce ou Aluga, e o Bono de Aluguer Social –o primeiro depende de Política Social e os outros dous do Instituto Galego de Vivenda e Solo-.

A Axenda inclúe, así mesmo, outra serie de iniciativas dirixidas á promoción de programas e proxectos de Inclusión Social; medidas de atención á Dependencia como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF);  accións de abordaxe da pobreza infantil; o apoio á contratación de persoal especializado para os servizos sociais municipais e o reforzo destes equipos; e medidas dirixidas a entidades de iniciativa social e de colaboración con outros axentes.

Data de actualización: 29/6/2016

Documentos relacionados

  • whatsapp