Plan sectorial de xestión de residuos municipais de Galicia 2030

O Plan Sectorial de Xestión de Residuos Municipais  de Galicia (PRMGA) contribuirá a loita contra o cambio climático con actuacións dirixidas a previr a xeración de residuos, a mellorar a recollida separada, a  facilitar a recuperación material, ao  desenvolvemento dunha xestión de proximidade e adoptar as mellores técnicas dispoñibles na procura da neutralidade climática antes do ano 2050.

O Plan Sectorial de Xestión de Residuos Municipais de Galicia presenta as liñas estratéxicas a implementar, as cales estarán baseadas tanto na prevención de xeración de residuos, como nas políticas comunitarias fundamentadas na economía circular e no desenvolvemento sostible da Axenda 2030, ao tempo que avanza na loita contra a emerxencia climática e perda de biodiversidade.

Este Plan establece obxectivos e medidas relativas á mellora na prevención, na recollida selectiva ou a valorización dos distintos fluxos, tendo como elemento central os intereses do territorio e os seus poboadores, como actores principais da articulación das actuacións previstas.

O Plan velará porque se acaden, entre outros,  os seguintes obxectivos:

  • Apoiar ás Administracións Locais no desenvolvemento das súas necesidades e obrigas, como primeiros prestadores de servizos básicos.
  • Fomentar a aplicación de criterios de eficiencia na planificación e xestión, tratando de acadar resultados positivos en  termos de custes económicos, administrativos e sociais.
  • Fomentar un modelo de consumo baseado na economía circular para reducir a xeración de residuos.
  • Fomentar a preparación para a reutilización e a reparación a través da implementación de centros e espazos habilitados para elo.
  • Previr o abandono e calquera eliminación incontrolada de residuos.
  • Reducir o depósito de residuos en vertedoiro mediante o fomento da máxima valorización material, e, secundariamente, a súa valorización enerxética.
  • Promover a educación e sensibilización, a innovación e a transferencia tecnolóxica, difundido o coñecemento sobre o uso eficiente dos recursos e a xestión sostible dos residuos.
  • Promover a dixitalización en toda a cadea de xestión, desde a produción e recollida dos residuos municipais, ata o seu tratamento final.
  • Despregar a recollida selectiva en todo o territorio, especialmente para biorresiduos, téxtiles, aceites vexetais, perigosos do fogar e voluminosos.

Para a consecución destes obxectivos establecesen as seguintes directrices estratéxicas:

  • Previr calquera tipo de risco para a auga, o aire, a flora, a fauna e as persoas que se deriven dos residuos xerados polos produtos que se poñan no mercado ou pola súa xestión.
  • Promover modelos de produción e consumo sustentables e responsables.
  • Particularizar a situación sociodemográfica de determinados territorios, identificando necesidades para ofrecer solucións adaptadas e sustentables.
  • Fomentar a investigación e innovación, posibilitando a dixitalización do sector.
  • Promover modelos de produción e consumo sustentable e responsable .
                         

Data de aprobación do plan: 12/08/2024