Plans e programas anuais/plurianuais

Neste apartado recóllense os diferentes plans e programas anuais/plurianuais. Empregando as opcións de busca dispoñibles pódense filtrar por estado, departamentos e/ou área temática.

Ten dispoñibles para consulta 213 actuacións:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Plan EDUC-ART

O Plan EDUC-ART establece a planificación e liñas de actuación para a actualización e mellora das ensinanzas artísticas en Galicia durante o período 2025/2030

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

V Plan director da cooperación galega (2023-2026)

O artigo 83 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia regula a planificación da Cooperación Galega. Este artigo establece que a política pública autonómica en materia de cooperación para o desenvolvemento articúlase a través do Plan director da cooperación galega, cunha duración de catro anos.

Consellería de Economía e Industria

Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025

De acordo co título I do libro primeiro do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, e no Decreto 219/2008, do 25 de setembro, sobre inspección de industria na Comunidade Autónoma de Galicia apróbase o obxecto, contido e ámbito de actuación que fundamentan o plan de inspección en materia de seguridade industrial para o ano 2025.

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Plan FPGal360

Plan de Orientación profesional integral para guiar á cidadanía na súa toma de decisións educativas e profesionais desde idades temperás e ao longo de toda a vida, co obxectivo de reducir o abandono escolar temperá, e incrementar a cualificación da poboación xove.

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2025-2027

Este plan será, consonte o establecido na Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, o principal instrumento para acadar a transversalidade en materia de xuventude co resto de consellerías da Xunta de Galicia, así como a coordinación coas diferentes administracións públicas que incidan no seu ámbito de aplicación.

C. do Medio Rural

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2025

O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Estratexia Galega de Inclusión Educativa. EduInclusión 2030

A Estratexia Galega de Inclusión Educativa, EduInclusión 2030, é o documento de referencia en inclusión educativa e establece as liñas estratéxicas de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Consellería de Economía e Industria

Plan director da construción naval 2025-2027

Os plans directores son instrumentos de política industrial que teñen como fin fortalecer os sectores industriais estratéxicos declarados como tales no Consello da Xunta, mediante medidas e recursos que aseguren un crecemento sostible e competitivo.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030

O plan ten como finalidade incrementar a competitividade do comercio galego apoiándose na modernización, a innovación, a sostibilidade e as novas tecnoloxías, así como consolidar o sector comercial como un sector profesional, cualificado, de calidade e fortalecido que promova o consumo responsable e desenvolva unha actividade sostible.

Consellería de Economía e Industria

Plan director de automoción 2025-2027

Os plans directores son instrumentos de política industrial que teñen como fin fortalecer os sectores industriais estratéxicos declarados como tales no Consello da Xunta, mediante medidas e recursos que aseguren un crecemento sostible e competitivo.