Xunta de Galicia

Plans e actuacións

label.Actuacion.eventos

Filtrar actuacións

Ten dispoñibles para consulta 82 actuacións:
Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020

C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020

O Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020 ten como obxectivos establecer un horizonte financeiro amplo de suficiencia e estabilidade para que a Xunta de Galicia e institucións públicas de ensino universitario desenvolvan as súas políticas; definir criterios explícitos de asignación dos recursos públicos en base aos resultados en docencia, investigación e transferencia; estimular a adecuación da oferta docente ás demandas sociais, reorientándoa, potenciando a formación continua, a actividade investigadora e a transferencia tecnolóxica e promovendo a mellora da calidade.

Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio 2015-2020

C. de Economía, Emprego e Industria

Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio 2015-2020

O Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio configúrase como unha estratexia definida e concreta para impulsar a modernización e a competitividade do sector comercial adaptándoo aos novos tempos.

C. do Medio Rural

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2015

O obxectivo xeral do PLADIGA é reducir ao mínimo posible os danos ecolóxicos, económicos e sociais producidos polos lumes forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, dentro dos recursos dispoñibles.

C. de Economía, Emprego e Industria

Axenda da competitividade Galicia: Industria 4.0

A Axenda, cos seus plans de impulso, constitúe o plan director da industria de Galicia 2015-2020, definido no artigo 23 da Lei 132011 do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia.

Estratexia Galega de Convivencia Escolar

C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Estratexia Galega de Convivencia Escolar

A Estratexia de convivencia escolar en Galicia 2015-2020 é o documento de traballo no que se trazan as liñas xerais da convivencia escolar para o próximo lustro. Foi presentado ao Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia o 24/04/15.
 

Plan de Software Libre 2015

A Presidencia da Xunta

Plan de Software Libre 2015

Enmarcándose nas liñas estratéxicas da Axenda Dixital de Galicia 2020, o Plan de Software Libre 2015 supón un novo paso adiante no compromiso da Amtega co fomento e promoción do software libre e as fontes abertas.

C. de Economía, Emprego e Industria

Oportunius

Oportunius é un programa para a xeración, retención, recuperación e captación de talento científico e innovador de excelencia que atenda ás prioridades marcadas na RIS3 de Galicia e complementario a Horizonte 2020.

Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020

C. de Infraestruturas e Vivenda

Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020

O Plan rehaVIta nace co obxectivo principal de facilitar o acceso á vivenda ás persoas que máis o necesitan e previr a exclusión residencial, ao tempo que reforza o impulso á rehabilitación de vivendas como medio para conservar o parque de vivendas existentes, protexer a paisaxe e dinamizar o sector da construción.

C. de Economía, Emprego e Industria

Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020

A presente estrategia de internacionalización 2020 ten como obxectivo acadar unha  fase de consolidación ou estadio superior dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos cinco anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización e exportación das nosas PYMEs e os nosos produtos e servizos.

Programa de impulso democrático da Xunta de Galicia 2015-2016

Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Programa de impulso democrático da Xunta de Galicia 2015-2016

A Xunta de Galicia considera necesario dar un impulso democrático ao país, no que a cidadanía sexa a protagonista mediante unha meirande participación nos asuntos públicos. Para a consecución deste obxectivo, cómpre unha maior transparencia da actividade das Administracións públicas que posibilite a achega de información á cidadanía.