MeteoRoute

MeteoRoute permite consultar a predición meteorolóxica e oceanográfica para rutas e viaxes, tanto por terra como por mar. A partir da indicación da orixe e o destino, a aplicación calculará a ruta e indicaralle á persoa usuaria as condicións meteorolóxicas durante o traxecto.

A aplicación permite consultar a predición para unha ruta: o estado do ceo; temperatura; precipitación; vento; humidade relativa; presión atmosférica; cota de neve; temperatura e salinidade da auga; e altura, dirección e período de onda.

Ademais de crear rutas para os desprazamentos máis habituais e poder calcular rutas en coche, bicicleta e a pé a partir dun punto de orixe e outro de destino, é posible seleccionar os puntos da ruta manualmente sobre o mapa e debuxar rutas en barco.

A aplicación tamén permite importar arquivos KML, co que se pode consultar a predición meteorolóxica para infinidade de rutas xa creadas.

A cobertura actual comprende o suroeste de Europa, aínda que a zona de predición con maior precisión cobre o noroeste da Península Ibérica. Pode enlazar coa aplicación MeteoSIX para consultar unha predición aínda máis detallada para cada punto da ruta.

As rutas obtéñense usando a MapQuest Open Directions API Web Service. A información meteorolóxica e oceanográfica obtense a través da API do MeteoSIX, procedente das saídas dos modelos numéricos, sen ningunha supervisión humana, executados por MeteoGalicia.

MeteoRoute está desenvolvida no marco do proxecto RAIA.

Descarga
Android
iOS
Departamento: C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda