Axenda Cultura

Aplicación oficial da Xunta de Galicia para a consulta dos eventos culturais que teñen lugar en Galicia.

Descarga
Android
iOS

Axenda Cultura é a aplicación que leva aos dispositivos móbiles dos/as cidadáns/ás todos os eventos que se publican na axenda do portal Cultura.gal. Trátase dunha axenda elaborada de maneira conxunta por diferentes departamentos, co obxectivo de reunir nun mesmo espazo toda a programación de eventos culturais, tanto os que organiza a Administración autonómica como aqueles outros que son de grande interese para a cidadanía.

En Axenda Cultura as persoas usuarias poden atopar, entre outras, as actividades promovidas pola S. X. de Cultura, a S. X. de Política Lingüística, Agadic, os Museos de Galicia, os Arquivos de Galicia, a Cidade da Cultura, a Rede de Bibliotecas de Galicia e as bibliotecas públicas das cidades. Tamén se atopan as festas de interese turístico.

A tipoloxía de eventos que se atopan na axenda é variada: concertos, espectáculos escénicos, proxeccións audiovisuais, exposicións, obradoiros, xornadas e congresos, festas, feiras, festivais, roteiros e outras actividades.

A través dun servizo web dispoñible en Abert@s, os eventos da axenda móstranse en diferentes portais web, como Turismo de Galicia e Lingua.gal. Tamén é posible que calquera persoa o integre na súa web mediante un widget configurable.   

A aplicación móbil, que está dispoñible para Android e iOs, permite agora integrar adecuadamente esa información en dispositivos móbiles. A aplicación permite:

  • Mostrar a xeolocalización e a información de como chegar.
  • Consultar os próximos eventos culturais.
  • Buscar os eventos por data, lugar, tipoloxía e por proximidade á persoa usuaria.
  • Gardar as últimas buscas.
  • Filtrar os eventos por tipo de acceso e público ao que van dirixidos.
  • Marcar eventos como favoritos, gardalos no calendario, compartilos.
Departamento: C. de Educación, Universidade e Formación Profesional