Mercados e prazas de Galicia
App para consultar toda a información relativa a mercados, prazas de abastos e feiras tradicionais de Galicia.
Mercados e prazas de Galicia é unha aplicación desenvolta pola Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria que permite a consulta, mediante dispositivos móbiles, de toda a información relativa a mercados, prazas de abastos e feiras tradicionais existentes en Galicia, poñendo a disposición do/s usuario/s toda a información e servizos dispoñibles, así como os eventos que se poidan celebrar en torno a elas e noticias relacionadas.
Está dispoñible tanto en galego como en castelán e incorpora, entre outras funcionalidades:
- Personalizar a información en función dos intereses do/a usuario/a
- Acceder a espazos de compra en liña e recibir notificacións
- Localizar o mercado máis próximo ao lugar no que se atopa o/a usuario/a (con detalle da distancia que o separa do seu punto actual)
- Obter información detallada de cada mercado: dirección, teléfono de contacto, correo electrónico, horarios, servizos dispoñibles nel...
- Engadir os mercados a unha lista de favoritos
- Compartir a ficha dun mercado a través doutras aplicacións, redes...
- Acceder ás redes sociais do mercado