AgresiónOFF

Aplicación móbil con información útil e consellos para evitar e previr agresións sexuais, así como pautas para saber a onde dirixirse para obter maior apoio e información.

AgresiónOFF ten como obxectivo loitar contra as agresións sexuais. A ferramenta, a primeira destas características que promove unha comunidade autónoma, elaborouse en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia.

Inclúe un decálogo contra a violencia sexual, consellos prácticos de como actuar ante posibles situacións de riscos e un directorio de lugares onde acudir a pedir axuda, así como teléfonos de información.

Nas seguintes versións da aplicación incorporaranse novas funcionalidades como a posibilidade de compartir a xeolocalización cos contactos da persoa usuaria, para que estes poidan saber o percorrido que se está realizando.

Descarga