abalarPro

Unha app para o profesorado galego.

A aplicación abalarPro permite a interacción do persoal docente de centros pertencentes á Consellería de Educación coas familias do alumnado a través da mensaxería. O profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos poderá enviar mensaxes individuais, a grupos ou en distintas salas de chat dunha maneira fácil e cómoda.

Esta app forma parte do proxecto Abalar e súmase aos servizos prestados por abalarMóbil. 

Descarga

Ligazóns relacionadas