Rede de Bibliotecas de Galicia

App para acceder ao préstamo ou a calquera outro servizo das bibliotecas.

Compartir
  • whatsapp

A aplicación móbil da Rede de Bibliotecas de Galicia inclúe todo o catálogo galego da biblioteca dixital de préstamo, GaliciaLe. Para usala só se precisa ter o carné de calquera biblioteca da Rede e entrar co usuario e o contrasinal. Pode consultarse o catálogo, tomar en préstamo libros, revistas e audiovisuais, visualizalos en liña ou descargalos, de forma gratuíta a calquera hora do día e todos os días do ano. Tamén incorpora un acceso directo á web de eBiblio e ao catálogo das bibliotecas físicas da Rede. 

Descarga
Departamento: C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades