ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Como funciona Chave365?

Primeiro acceso

No formulario de alta é necesario incluír un número de teléfono móbil no que, ao completar a alta, recibirá unha mensaxe de texto cunha clave de acceso provisional.

A continuación deberá acceder ao apartado "A miña sede" da sede electrónica da Xunta de Galicia e introducir o seu NIF e esa clave provisional.

O sistema pediralle que escriba e repita unha nova clave, que a partir dese momento será a súa clave de acceso persoal, e que terá que lembrar para futuros accesos.

Uso na sede electrónica

  • Identificación: a sede electrónica ofrécelle a posibilidade de identificarse con certificado dixital/DNI electrónico, ou con Chave365. Se elixe esta última opción, ten que introducir o NIF e a clave de acceso persoal.
  • Sinatura: no momento de proceder á sinatura dixital dun documento con Chave365 recibirá no seu móbil unha mensaxe cun código de sinatura dun só uso, específico para ese trámite, que terá validez para a sinatura dese documento.

Modificación da clave de acceso (contrasinal)

A clave de acceso ten que modificarse no primeiro acceso ao sistema e, como mínimo, 1 vez ao ano, para ofrecer as garantías de seguridade axeitadas.

Se transcurrido 1 ano vostede non cambiou a súa clave de acceso, dispón de 5 intentos para facer o cambio en https://sede.xunta.gal/a-mina-sede/preferencias. Lembre que unha vez consumidos eses 5 intentos, non se permitirá o acceso e deberá cambiar a súa clave por unha das seguintes canles:

  • Se ten certificado dixital, accedendo ao apartado "A miña sede" da sede electrónica da Xunta de Galicia: na parte superior dereita atópase o acceso a "Os meus datos", onde poderá cambiar a súa clave de acceso no apartado de preferencias.
  • Presencialmente nalgún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365, tal como se recolle en https://www.xunta.gal/chave365/solicitude

Para modificar a clave a través da sede electrónica acceda ao apartado "A miña sede" e siga estes pasos: 

  1. Introduza o seu NIF (DNI ou NIE) e clave de acceso. Se é a primeira vez que accede, debe introducir a clave provisional que recibiu por SMS. Se ten certificado electrónico instalado no navegador, tamén pode empregalo para acceder.
    Imaxe do acceso á Carpeta do Cidadán

     

  2. Prema en "Os meus datos".
  3. Prema en "Preferencias".
    Imaxe da páxina de Os meus datos

     

  4. Introduza o contrasinal que recibiu por SMS (se é a primeira vez que accede) ou o seu contrasinal actual.
  5. Introduza un novo contrasinal. Debe ter como mínimo 6 díxitos, entre letras e números.
  6. Repita o novo contrasinal.
  7. Prema en “Gardar”: o seu contrasinal xa está modificado. A continuación peche o navegador e volva abrilo para seguir empregando a sede accedendo coa nova clave.
    Imaxe da páxina de cambio de contrasinal