Conselleiros/as do Goberno Galego
VICEPRESIDENTE PRIMEIRO E CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES Naceu en San Sadurniño no ano 1975. Licenciado en Ciencias Económicas (especialización en Facenda Pública e Sistema Fiscal) na USC. Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal.
|
VICEPRESIDENTA SEGUNDA E CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA Naceu en Melide en 1972. Acadou a Licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Ademais é técnica en Información e cultura.
|
CONSELLEIRO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA Nado na Coruña en 1971, é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña, na especialidade de economía financeira. Ademais, conta cun Posgraduado en Auditoría de Contas e un Mestrado en Administración Financeira e Tributaria pola mesma universidade.
|
CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE Naceu en Santiago de Compostela en 1972. É enxeñeira técnica superior de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña. Tras rematar os estudos superiores, en 1996 comezou a súa traxectoria profesional na empresa privada, ata que, en 2003, se incorporou ao organismo autónomo Augas de Galicia.
|
CONSELLEIRA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN Naceu na Coruña en 1981. Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña en xuño de 2004. Curso Superior de Dereito Autonómico polo Instituto de Dereito Público de Barcelona. Certificado CAE de inglés pola Universidade de Cambridge e de francés B1 pola Alianza Francesa.
|
CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES Naceu no Vento, Lalín, en 1968. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario. Doutor en Xeografía, é máster en Desenvolvemento Local, foi profesor na Universidade de León e é profesor titular do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.
|
CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE Naceu en Ribeira en 1985. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
|
CONSELLEIRO DE SANIDADE Nado en 1968, é licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten a Especialidade Sanitaria de Radiofísica Hospitalaria, así como un Máster en Administración Sanitaria pola Escola Nacional de Sanidade. A súa formación inclúe o Programa de Dirección Sanitaria (Escola de Directivos Sanitarios de Galicia, Fegas), o Programa de Liderado e Xestión Estratéxica (Instituto de Empresa). Conta, ademais, co Título de Xefe de Servicio de Protección Radiolóxica, outorgado polo Consello de Seguridade Nuclear. É profesor de distintos cursos organizados pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria.
|
CONSELLEIRA DE PROMOCIÓN DE EMPREGO E IGUALDADE Naceu en Ourense en 1971. É licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid, onde recibiu o premio extraordinario de carreira. Doutora en Administración e Dirección de Empresas (2002), é profesora titular e investigadora no Departamento de Organización de Empresas e Márketing na Universidade de Vigo desde 1999. Ata a súa incorporación á Xunta de Galicia, era vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Tamén foi decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense (2013-2019); coordinadora do Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo (2011-2014) e comisionada de Coordinación Institucional (2019-2022). No ámbito político exerceu como tenente de alcalde, xefa de área de Economía e Facenda no Concello de Ourense na lexislatura 2003-2007. Cun gran dinamismo no eido investigador, participou en traballos e proxectos relacionados coa empresa familiar, o emprendemento, a sustentabilidade e a innovación docente. Directora da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo, pertence ao grupo de investigación GEN (Governance and Economics Research Network). |
CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL Naceu en Ourense en 1970. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1997, ingresou no corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, especializado en inspección financeira e tributaria e aduanas e impostos especiais.
|
CONSELLEIRO DO MAR Naceu no ano 1970. É licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1996 e 2007 exerceu profesionalmente como veterinario. Ao mesmo tempo, entre 1995 e 2007 foi concelleiro no Concello de Cervo, ostentando responsabilidades de goberno desde 1999. Desde 2007 ata xuño de 2023 foi alcalde de Cervo. Desde 2011 ata 2023 foi tamén vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Desde xuño de 2023 é conselleiro do Mar. |