- Inicio
- eServizos
- Chave365
-
Que é e como funciona?
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
-
eServizos
- Administración electrónica
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
- Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal
- Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe!
- Catálogos dos sistemas dixitais
- Servizos no mapa
- Portais A...Z
- Aplicacións móbiles
- Canle axudas
- Sede electrónica
- Toponimia oficial
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Que é e como funciona?
Chave365 é o sistema que permite aos/ás cidadáns/ás maiores de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.
Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.
Primeiro acceso
No formulario de alta é necesario incluír un número de teléfono móbil no que, ao completar a alta, recibirás unha mensaxe de texto cunha clave de acceso provisional.
A continuación, deberás acceder á “Área Privada” da sede electrónica da Xunta de Galicia e, unha vez elixido o tipo de carpeta (Persoal ou Profesional), poderás introducir dentro do recadro de Chave365 o teu NIF e a devandita clave provisional.

O sistema pedirá que escribas e repitas unha nova clave, que a partir dese momento será a túa clave de acceso persoal, e que terás que lembrar para futuros accesos.
Uso na sede electrónica
- Identificación: a sede electrónica ofréceche a posibilidade de identificarte con Chave365.
- Sinatura: no momento de proceder á sinatura dixital dun documento con Chave365 recibirás no teu móbil unha mensaxe cun código de sinatura dun só uso, específico para ese trámite, que terá validez para a sinatura dese documento.
Chave365 tamén pode empregarse en:
- Notifica.gal: para acceder ao servizo que permite a cidadáns/ás, empresas e Administracións públicas galegas recibir de forma áxil e sinxela notificacións electrónicas das Administracións públicas galegas.
- Diversos servizos do ámbito do medio rural:
- Servizo para a xestión de aproveitamentos de madeira en terreos forestais de xestión privada (autorizacións, declaracións responsables e comunicacións finais).
- Servizo de ordenación e xestión forestal.
- Sistema de información de Terras de Galicia: a través deste servizo pódense consultar e solicitar as parcelas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.
- Sede electrónica do Parlamento de Galicia.
- É-Saúde: é a ferramenta do Sergas de comunicación coa cidadanía, accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta...) e permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados.
- Oficina do profesional / Expediente-e: permite o acceso aos datos persoais, así como a consulta de información sobre os procesos de selección para os/as profesionais da Xunta de Galicia e do Sergas.
- XuntaEu: permite xestionar o teu usuario de Chave365 (cambiar clave de acceso, renovala, modificar o teléfono móbil ou darse de baixa), consultar expedientes e presentacións, consultar notificacións electrónicas, outorgar apoderamentos, realizar o pago de taxas, comprobar a validez dos documentos asinados electronicamente (CVE), consultar certificados ou tarxetas e consultar os documentos presentados en relación cos teus trámites a través do rexistro electrónico da Xunta de Galicia ou nas Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro.
Normativas relacionadas
- Orde do 6 de febreiro de 2014 pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
- Resolución conxunta do 3 de setembro de 2015, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se acorda a posta en funcionamento de Chave365, servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
- Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se acorda a adaptación dos procedementos de xestión do servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, Chave365, á situación da nova normalidade derivada da emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19