Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/12/22 | 12:28 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.975 casos activos por coronavirus

Un total de 684.487 pacientes xa están curados

27/12/22 | 12:19 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica hoxe a oferta de emprego público da Administración Xeral para 2022, con 702 prazas de acceso libre

O decreto de oferta tamén inclúe 422 prazas para a promoción interna co que a Oferta para 2022 ascende a 1.124 prazas

26/12/22 | 16:38 | C. de Política Social e Igualdade

Resoltas as axudas para a realización de programas de voluntariado interxeracional para dinamizar o medio rural

Na primeira edición desta convocatoria apoiáronse un total de 18 proxectos diferentes por un valor conxunto de case 500.000 euros

26/12/22 | 16:02 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta aborda con empresarios e sindicatos a nova Estratexia Galicia Retorna que inclúe formación e emprego nas vacantes que detecte o tecido produtivo

Continuando coa execución da iniciativa, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza cos axentes que participan no Diálogo Social

26/12/22 | 15:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de restitución do ramal de acceso á autovía do Morrazo en Domaio, no concello de Moaña

A actuación, cun investimento estimado en 40.000 €, consiste na demolición do firme no punto danado polas choivas e na escavación das partes erosionadas para encher con novo material e compactalo

26/12/22 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de emerxencia para reparar a tubaxe danada na estrada PO-534 en Forcarei

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisou esta mañá o comezo dos traballos

26/12/22 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘A mística da feminidade en Mad Men’, de Xosé Antón Cascudo, gaña o XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

O certame é organizado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega

26/12/22 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o convenio de colaboración coa Asociación Érguete para apoiar o seu programa de formación e integración social

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da entidade

26/12/22 | 14:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3,1 M€ as obras de saneamento do río Lameira de Marín, que contribuirá á mellora da calidade das augas da ría de Pontevedra

A actuación, que conta cun prazo de execución de 12 meses, suporá a optimización da rede de saneamento na contorna do río, reducindo a entrada de augas brancas e regulando a derivación de caudal á depuradora en tempo de chuvia

26/12/22 | 13:39

A Xunta adxudica por case 290.000 € a redacción do proxecto para construír 40 vivendas de promoción pública no parque Ofimático da Coruña

Actualmente ultímase a construción doutras 40 VPP neste mesmo ámbito e está licitada a elaboración do proxecto construtivo dun bloque integrado por 58 vivendas máis