Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/12/22 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén pon en valor as políticas da Xunta a prol dunha mobilidade máis sustentable e saudable

O delegado territorial destacou que esta iniciativa do Goberno galego supuxo na provincia de Ourense máis de 91.000 € en incentivos, ao ser 183 as axudas concedidas, que mobilizaron un investimento de 196.504 €
 

23/12/22 | 12:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para executar a 2ª fase de acondicionamento da AC-862, entre O Campo do Hospital e A Ponte Mera, que suporá un investimento de case 6,8 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar na primavera esta nova actuación, que ten un prazo de execución de 18 meses

23/12/22 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de Formación Profesional destaca o potencial dos primeiros proxectos que arrancan no centro galego de innovación da FP

Eugenia Pérez interveu na Comisión 4ª do Parlamento para dar conta da posta en marcha deste espazo concibido como laboratorio de innovación e investigación aplicada para a transferencia de coñecemento

23/12/22 | 12:26

Rosa Quintana enxalza o labor da Confraría da Illa de Arousa na mellora da comercialización do marisco

As obras de illamento da lonxa do Xufre foron realizadas pola OPP-20 no marco do seu Plan de Produción e Comercialización que conta co apoio financeiro da Administración autonómica
 

23/12/22 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de acondicionamento da antiga estrada PO-400, no concello de Arbo, cun investimento de 1,3 M€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, supervisou o inicio dos traballos, que cumpriron co cronograma previsto para iniciarse neste mes de de ecembro e que contan cun prazo de execución de seis meses

23/12/22 | 12:12 | C. de Sanidade

A Central de Coordinación do 061 de Galicia reforza o seu persoal un ano máis ante o incremento da demanda sanitaria no Nadal

O persoal facultativo e teleoperador aumentará durante as datas de maior actividade co obxectivo de axilizar as consultas médicas e optimizar a xestión dos recursos

23/12/22 | 12:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta felicita os piragüistas galegos por colleitar 106 medallas a nivel internacional e por situar Galicia como unha referencia nacional e mundial neste deporte

Diego Calvo resalta a relevancia das súas estrelas internacionais e o alcance do deporte que máis galegos levou aos Xogos Olímpicos, que máis medallas olímpicas trouxo para Galicia e que sitúa a Comunidade como potencia nacional por ser a que ten máis licenzas e clubs
 

23/12/22 | 11:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aboará máis de 893.700 € aos colexios de avogados e procuradores da comunidade polos servizos de asistencia xurídica gratuíta

O DOG publica hoxe as ordes pola que se transfire o 8% do total certificado en 2021 entre os colexios profesionais de avogados e procuradores por este servizo

23/12/22 | 11:13

A Xunta amplía nun 40 %, ata os 11,7 M€, o orzamento das axudas coas que se poderán contratar en entidades sen ánimo de lucro a 680 persoas sen emprego

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación do crédito deste programa que con 3,2 millóns de euros máis permitirá conceder apoios a máis de 280 asociacións que traballan cos colectivos con maiores dificultades de inserción