Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta convoca para xaneiro e marzo os actos expropiatorios para executar as obras que completan a mellora da PO-234 entre Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas
A Xunta destinará máis de 1 M€ a esta actuación na vía entre Laxoso e o cruce do Portasouto, incluíndo a mellora dos itinerarios peonís, da calzada e dos seus elementos para reforzar a seguridade viaria
A Xunta licita por 345.000 euros a obra de mellora do espazo fluvial do río Louro entre a estrada PO-548 e a liña do ferrocarril, no concello de Valga
Esta actuación, cun prazo de execución de 3 meses, ten como obxectivo minimizar o risco de inundación nesta zona onde a presión sobre a canle se ve aumentada con edificacións e áreas de cultivo que deixan pouco espazo ao río
O delegado territorial da Xunta fai entrega dos alimentos non perecedoiros ao Banco de Alimentos
Gabriel Alén fixo entrega dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento a través do servizo provincial de Emerxencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda, en colaboración con 33 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá
A Xunta supervisa o resultado das obras de acondicionamento do centro de saúde de Monfero nas que se investiron 33.000 €
A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou as instalacións nas que se substituíu a instalación de fontanería, se repararon os falsos teitos e se procedeu ao pintado exterior e interior
A Xunta transforma o visor do Plan Básico autonómico para facer máis atractivo, accesible e comprensible o acceso á información cartográfica
O PBA, entre outras cuestións, identifica os asentamentos de poboación existentes, establece unha regulación normativa de carácter xeral para os diferentes usos do solo e da edificación, e delimita as afeccións derivadas da lexislación urbanística
Trenor anima as familias coruñesas a desfrutar do espectáculo “Inventio” que chegará á coruña o 13 e 14 de xaneiro da man do Xacobeo
O delegado da Xunta destacou que este espectáculo de gran formato bota man da maxia, a danza e o circo para colocar o Camiño de Santiago como eixo vertebrador da identidade cultural galega
Galicia rexistra un total de 2.280 casos activos por coronavirus
Un total de 683.553 pacientes xa están curados
A Xunta forma persoas emprendedoras de Galicia e norte de Portugal na busca de investimento e financiación para os seus proxectos empresariais
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, abriu hoxe a xornada virtual sobre como presentarse ante futuros investidores e/ou obter financiamento focalizada nos proxectos ‘maker’ e de carácter innovador
Arias reúne a oito clubs deportivos da cidade de Lugo para coordinar o uso do pavillón dos institutos do centro
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta posibilitará os adestramentos asumindo os custos de limpeza e conserxería fóra do horario lectivo, ante a pasividade do Concello
Na xuntanza participaron responsables dos equipos directivos do IES Lucus Augusti e Ollos Grandes e de entidades como o Emevé, Estudiantes ou Sagrado Corazón, entre outros
A Xunta solicita abordar coas organizacións sindicais e os letrados de administración de xustiza o novo modelo de oficinas xudiciais
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou onte por vía telemática no pleno da Conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as autonomías, na que se trataron os modelos de referencia destes organismos