Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Arquivo Provincial de Ourense acolle dúas mostras permanentes que reflicten a historia do edificio e un itinerario de fondos documentais monásticos
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, convidan a visitar ambas exposicións
A Xunta modifica o convenio coa concesionaria das autoestradas autonómicas para conxelar as peaxes e seguir bonificándoas en 2023, o que beneficiará a 26.500 galegos ao día
O presidente do Goberno galego resalta que, deste xeito, as autoestradas autonómicas de Galicia “seguirán a ser as máis baratas de toda España”
Rueda avanza que a Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2022 ascende a 1.124 prazas, das cales 702 son de acceso libre
Destaca que a Xunta “hai anos” que solicitou sen éxito ao Goberno central que eliminase a taxa de reposición para poder convocar máis postos de traballo
A Xunta inviste 31,5 M€ para que os nenos nacidos no 2023 teñan acceso á tarxeta Benvida
Rueda resalta que máis de 92.500 familias galegas xa se beneficiaron desde 2016 desta axuda, cun orzamento acumulado de 196 M€, para atender os gastos que supón o nacemento dun fillo
A Xunta acondiciona 370 hectáreas de superficie mediante rozas mecanizadas en montes do distrito forestal III Santiago-Meseta interior
O director xeral de Defensa do Monte supervisou esta mañá diversas obras de xestión de biomasa en pistas forestais do distrito III Santiago-Meseta interior
Galicia pechou o mes de outubro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas
O período medio de pago de Galicia foi de 16,19 días, case 14 días por debaixo da media de comunidades autónomas
A Xunta destaca a xornada de Pesca España como exemplo de altofalante da frota contra o veto á pesca de fondo
Rosa Quintana fixo fincapé na aposta de Galicia pola vía xudicial para frear esta prohibición e lembrou que o Executivo galego facilitou ao Goberno central e ao sector pesqueiro argumentos xurídicos e técnicos para reforzar os recursos que presentaron contra esta medida ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea
A Policía Autonómica comisa 63,5 quilos de centola en Marín
No marco dun dispositivo de control e rastrexo de produtos pesqueiros desenvolvido no porto de Aguete por axentes da UPA da sede de Pontevedra, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia
A Xunta levanta a prohibición do cultivo de pataca na totalidade do concello de Muxía
Tras esta xuntanza, convértense en zonas tampón Muxía, Narón, San Sadurniño e Valdoviño