Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/12/22 | 10:30 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.384 casos activos por coronavirus

Un total de 683.631 pacientes xa están curados

23/12/22 | 10:25 | C. do Medio Rural

Comeza a presentación de candidaturas das eleccións para a renovación de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego

A campaña electoral arrancará o 3 de febreiro e finalizará o día 17 dese mes, para dar paso ás votacións o 19
 

23/12/22 | 10:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación das persoas seleccionadas, das que dúas estarán na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE en Santiago de Compostela e as restantes terán como destino as Oficinas Técnicas da Cooperación Española na República Dominicana, Guatemala, Perú e Mozambique

23/12/22 | 08:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña

Agárdase unha precipitación acumulada en 12 horas que poderá acadar os 80 mm.
 

22/12/22 | 20:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Asociación Empresarial Seara colaboran para que As Pontes atope na transición enerxética un futuro de oportunidades para a industria

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde nun encontro na sede desta organización, no que destacou que os tres proxectos industriais estratéxicos declarados en Galicia ata este momento teñen todos a súa base na contorna

22/12/22 | 17:37

A Xunta apoia a conciliación corresponsable en Palas de Rei a través do espazo de lecer municipal no que están a participar 32 nenas e nenos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe as actividades que se están levando a cabo nesta iniciativa que permite a conciliación a 23 familias do municipio lucense

22/12/22 | 17:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima á mocidade a participar nas bolsas Fulbright para completar estudos artísticos

Salienta o programa con Fulbright como ”un dos máis recoñecidos e celebrados de todo o planeta”, no que participaron figuras relevantes da nosa cultura

22/12/22 | 17:01

A Xunta salienta a boa evolución da píllara das dunas tras contabilizar 104 novos exemplares en 2022, 38 máis que o ano anterior

A píllara das dunas está considerada como vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas e que conta co seu propio plan de conservación

22/12/22 | 16:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta denega a autorización de vertido de augas residuais da mina de volframio e estaño de Varilongo, no concello de Santa Comba

A falta de atención dos requirimentos de documentación necesaria motivan a resolución de Augas de Galicia de arquivar o expediente de autorización de vertido da explotación mineira

22/12/22 | 15:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo de Aspace Lugo para mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, salientaron que a Consellería de Política Social e Xuventude achegou case 58.000 euros en 2022 para apoiar o labor da asociación