Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca a aposta polo I+D+i nos seus centros de investigación
En conxunto, os tres centros desenvolveron ao longo deste último ano ata 75 proxectos de I+D+i ao abeiro do contrato de xestión 2021-2024 da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
Lorenzana conmemora o 10º aniversario da rede Eusumo co anuncio de que a II Estratexia Galega da Economía Social favorecerá as transicións verde e dixital
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, xunto cunha representación das entidades da Economía Social en Galicia, puxeron en valor este modelo como motor de creación de emprego e polo seu potencial innovador
A Xunta instala na dársena de Curuxeiras un espazo de conciliación para axudar ás familias durante este Nadal
Nestas instalacións, abertas en horario de mañá e tarde ata o 5 de xaneiro, ofrécense actividades deportivas, obradoiros corresponsables e paseos culturais
A Xunta adxudica máis de 56.000 m2 no parque empresarial da Sionlla, a maior bolsa de solo que se asigna este ano
As parcelas adxudicadas en compravenda contan cunha bonificación de 2,27 M€
Conde resalta o éxito do Bono Activa Comercio que xa mobilizou máis de 12 M€ en compras nos establecementos de proximidade de Galicia
Anima a utilizar o bono na semana que queda de vixencia facendo as compras de Nadal no comercio local
Ethel Vázquez anuncia a licitación da 2ª fase da mellora do abastecemento de Outeiro de Rei, que estará en servizo a finais de 2023
Sinala que a Xunta financiará o 80 % da intervención, achegando o Concello o 20 % restante do orzamento
A Xunta participa na 27º edición do certame Tarxetas de Nadal de Special Olympics
Nesta 27 edición participaron 32 entidades de toda Galicia e presentáronse arredor de 965 deseños diferentes
A Xunta recibiu máis de 380 solicitudes de axuda ao abeiro da orde para impulsar a madeira como elemento estrutural na construción
O responsable da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, destacou que esta convocatoria está dotada con 2,6 millóns de euros e que favorece a madeira de montes galegos certificados e con marca de garantía
A Xunta sinala que ‘Xuntos polo Nadal’ é o mellor antídoto contra a soidade para as persoas maiores
Ofrece estadías 100 % gratuítas en réxime de pensión completa para as persoas maiores que non teñen con quen pasar estas datas
A Xunta achega 600.000 € a máis dun cento de entidades deportivas de Lugo para equipamento
O Goberno galego vén de resolver a segunda convocatoria destas axudas, que asumen o 80% do investimento solicitado cun máximo de 10.000 euros