Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica por 3,5 M€ a contratación centralizada do control do tratamento anticoagulante oral
Este material licitouse por un importe de 3,9 millóns e, finalmente, adxudicouse por 3,5 millóns, o que supón un aforro de máis de 430.000 euros, no marco da sustentabilidade económica do sistema sanitario público galego
A Xunta concede ao Concello da Laracha un préstamo sen xuros por 712.000 € para rehabilitar a casa reitoral de Montemaior e destinala a albergue
Na convocatoria deste ano do Fondo de cooperación para rehabilitación e conservación do patrimonio construído asináronse xa 26 convenios con 16 concellos por 5,42 M€
Un cento de redeiras das tres provincias costeiras participan nun novo estudo da Xunta para coñecer e mellorar as súas condicións de saúde laboral
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) está a elaborar un estudo sobre as condicións de traballo das redeiras, no marco do que xa realizou recoñecementos médicos a estas traballadoras e visitou seus lugares de traballo
A Xunta axuda aos concellos a financiar os seus servizos sociais municipais cunha achega de 15,9 M€
Estes fondos canalízanse a través do Plan Concertado e destínanse á contratación de persoal, ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e ao desenvolvemento de programas de inclusión
A Xunta licita por 1,5 M€ o contrato de explotación, conservación e mantemento dos servizos xerais relacionados coa auga na Plisan
A adxudicataria encargarase do mantemento dos servizos xerais de subministro de auga, e evacuación e tratamento de residuais durante un período de dous anos
A Xunta fomenta a mobilidade sostible coa concesión de 91 axudas para mercar bicicletas eléctricas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, visitou estes días un dos establecementos da zona que se adheriron ao programa Ebici da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
A Xunta aproba o Plan urbanístico de Silleda, condicionado ao cumprimento dunha serie de requisitos técnicos
Ángeles Vázquez subliña que se converte no concello número 114 en contar cun PXOM adaptado á normativa vixente
A Xunta presenta o Plan territorial de sustentabilidade turística de enogastronomía ás entidades locais beneficiarias
O obxectivo do Plan é a promoción de Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas no horizonte 2023-2025
Sanidade e o Colexio de Farmacéuticos da provincia da Coruña colaborarán para a difusión de información e o fomento da doazón de sangue, órganos e tecidos
O colexio pon a disposición de Axencia Galega de Doazón de Órganos e Tecidos, a través das oficinas de farmacia desta provincia, a información sobre as actividades de ADOS