Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Conde destaca que Cabo de Peñas reúne a tradición e a innovación propias da industria conserveira galega
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, entregou hoxe en Vilaboa o selo de Galicia Calidade a esta compañía senlleira con máis de 120 anos de traxectoria
Viña Costeira recibe o certificado de Galicia Calidade
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Ribadavia a adega, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez
A Xunta avalía con Conxemar vías de colaboración para elaborar un plan estratéxico para o conxelado
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantiveron unha xuntanza en Vigo cos representantes da Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura para avanzar no impulso do sector
Galicia Calidade destaca en Bergondo a aposta pola innovación e excelencia da empresa certificada Terxy
A xerente do organismo, Ana Méndez, mantivo un encontro cos responsables da compañía para coñecer as súas inquedanzas e propostas
A Xunta mobiliza 1,2M€ en nove concellos de Pontevedra para a mellora dos seus polígonos empresariais e a creación de viveiros industriais
A través da liña de apoios que o Goberno galego destina aos concellos para mellorar o seu equipamento industrial, Dozón realizou obras en beirarrúas nos viais de acceso ao polígono e construíu un viveiro
Galicia pechou o mes de maio como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas
O período medio de pago de Galicia foi de 10,26 días, case doce días por debaixo da media autonómica
Galicia agarda que o esforzo conxunto que se está realizando sexa o mellor aval para formar parte do Perte Aeroespacial
Conde avanza que o sector ten que dirixirse cara aos segmentos de maiores expectativas de crecemento como os sistemas aeronáuticos e os operadores de servizos para ampliar a súa base tecnolóxica e industrial
A Xunta de Galicia aspira a que as tres novas edicións da BFAuto impulsen proxectos que dean resposta ás novas formas de mobilidade eficiente
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Vigo á presentación de resultados da Business Factory Auto
Conde destaca que Galicia pode reivindicar os resultados dunha política económica comprometida co rigor e a solvencia nas contas públicas
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe en Pontevedra ao acto de presentación do último libro de Rafael Pampillón