Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/12/22 | 15:00 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta
28/12/22 | 14:21 | C. de Economía e Industria

Xunta e Pymar colaboran para posicionar a candidatura galega no reparto dos fondos europeos ao Perte Naval

Conde explica que o que se fai é activar unha xanela única que permitirá a comunicación directa coas empresas á hora de xestionar as iniciativas que se vaian presentando desde Galicia para optar a estas axudas

28/12/22 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Augas de Galicia actualizará o censo de industrias con autorización de vertedura

A entidade hidráulica da Xunta contará con apoio técnico para a revisión do censo de industrias obrigadas a obter autorización de vertido e para a asistencia aos concellos na elaboración dos permisos

28/12/22 | 13:47 | A Presidencia da Xunta

O Plan Estratéxico da Conserva 2022-2030 reforzará a calidade, o potencial exportador e a innovación dun sector crucial para a economía e o territorio

Rueda subliña que o obxectivo é que a industria conserveira galega siga a ser un sector “punteiro e referente” malia os retos e dificultades do contexto económico

28/12/22 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborou coas entidades locais na mellora dunha trintena de parques infantís ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o novo parque infantil de Curtis, que contou cunha achega de 40.000 euros por parte do Goberno galego no marco desta liña de axudas

28/12/22 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

Máis de 2.000 espectadores do exterior achegáronse ao cine galego a través do ciclo Mestre Mateo froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, para analizar o proxecto e preparar a iniciativa de 2023

28/12/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorou a seguridade nun treito da estrada LU-633 que coincide co Camiño Francés en Barreiros, no Concello de Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a actuación incluíu a instalación dunha pasarela de madeira e un valado, o acondicionamento do pavimento na zona pola que transitan os peóns e o reforzo da sinalización de advertencia de perigo

28/12/22 | 13:18

O novo polo de emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro prestará desde Ferrol asesoramento a 40 concellos das comarcas da contorna

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a quinta oficina en Galicia desta Rede que xa atende máis de 140 concellos, cubrindo o 45% da comunidade

28/12/22 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Oito centros de ensino de Galicia, recoñecidos polas súas boas prácticas en materia de inclusión educativa

A Xunta instaurou estes premios co obxectivo de impulsar, difundir e compartir accións de atención á diversidade nas aulas

28/12/22 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta formaliza a incorporación de novos integrantes de Protección Civil ás agrupacións de Portas, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa

O delegado territorial, Luis López, realizou esta mañá a entrega de carnés a unha vintena de efectivos destas tres entidades de voluntarios nun acto celebrado na sala de conferencias do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra