Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 28027 noticias:

27/12/22 | 17:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta revisará o proxecto da terceira fase da reforma do colexio Froebel, en Pontevedra, para adaptalo á falta de mantemento municipal

O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, César Pérez Ares, reúnese con representantes da anpa e da dirección do centro

27/12/22 | 16:45 | C. do Medio Rural

A Xunta consolida a nova orientación da Mesa da Castaña cara ao impulso da calidade diferenciada e das variedades autóctonas

Outórgaselle un maior peso á Axencia Galega da Calidade Alimentaria, entidade que exerce as competencias en materia de indicacións xeográficas, para que poida dirixir máis claramente a súa actuación cara á produción e a comercialización

27/12/22 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias anuncia unha “importante mellora” do tráfico e da mobilidade peonil en Teis coa humanización da Avenida de Galicia que xa foi licitada cun investimento de preto de 2,5 millóns

A delegada territorial da Xunta en Vigo avanza a publicación do concurso público para a primeira fase de reforma do vial que discorre sobre a PO-323

27/12/22 | 15:11 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor Queserías Sarrianas, beneficiaria nos últimos dez anos de case 2,3 M€ en axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios

A Consellería do Medio Rural resolveu a convocatoria de axudas de 2022 incrementando nun 40% o orzamento anual habitual ata chegar aos 36,72 millóns de euros adxudicados, dos que 475.000 euros corresponderon a Queserías Sarrianas

27/12/22 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a USC presentan o estudo que delimita as competencias das administracións autonómica e local a prol da prestación eficiente dos servizos públicos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e mais o reitor da Universidade de Santiago participaron no acto de presentación, ao que asistiron responsables municipais de toda Galicia

27/12/22 | 14:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a rehabilitación integral do colexio Castelao de Rianxo por 1 M€

A previsión é licitar as obras no primeiro trimestre do ano e executalas no verán

27/12/22 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co Concello de Coirós o convenio para dotar de saneamento o núcleo da anta cun investimento de preto de 330.000 euros

A Xunta achegará o 60% do orzamento, algo máis de 196.000 euros, e executará as obras, mentres que o Concello contribuirá co 40%, achegando case 131.000 €

27/12/22 | 14:13 | C. de Economía e Industria

O Bono Activa Comercio da Xunta xa mobilizou 1,23 M€ en compras nos establecementos de Vigo

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá na presentación da campaña de Nadal de Aetravi, que se manterá aberta ata o 5 de xaneiro

27/12/22 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras da glorieta de enlace da autovía do Salnés coa Estrada PO-504 en Sanxenxo

As actuacións, cun investimento de preto de 48.000 euros, permitiron o acondicionamento da entrada principal deste municipio pontevedrés, tras rematar a pasada primavera a mellora da capacidade no enlace