Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/12/22 | 11:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a Artesanía de Galicia no comercio de proximidade

Explica que esta iniciativa trata de fomentar as compras en establecementos adheridos a Artesanía de Galicia, onde se poden adquirir pezas únicas e exclusivas saídas dos 789 obradoiros galegos con esta distinción

28/12/22 | 10:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede á Asociación Cultural O Castro de Vilanova o premio de voluntariado na categoría de entidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución deste premios dotados con 12000 euros e que tamén recoñecen accións individuais e proxectos de voluntariado

28/12/22 | 10:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a mellora de 66 paradas de autobús nos concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Carballo, Cerceda, Malpica e Ponteceso

Trenor informou que esta intervención suporá un investimento autonómico de 1,8 millóns de euros

Mellorarase a seguridade e a comodidade das paradas, nas que se instalarán marquesiñas, postes, bancos ou o apoio isquiático, entre outras actuacións

28/12/22 | 10:27 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.940 casos activos por coronavirus

Un total de 684.691 pacientes xa están curados

27/12/22 | 20:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por inculcar o deporte ás xeracións máis novas con programas como 'Xogade' ou o Plan Corresponsables

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo balance de ambos programas que este ano achegouse a cifras prepandemia en asistencia ao sumar case 130.000 participantes

27/12/22 | 19:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta apraza o investimento de 8 M€ na senda litoral e a pasarela de Santa Cristina ante a falta de apoio do Concello da Coruña

Francisco Menéndez anuncia esta decisión tras manifestar os concellos da Coruña e de Oleiros que se decantan por resolver a conexión peonil e ciclista entre ambos os municipios a través da Ponte Pasaxe

27/12/22 | 19:49 | A Presidencia da Xunta

Rueda recalca que oito de cada dez propietarios de vivendas afectadas polos incendios de xullo xa recibiron as axudas para a reconstrución

Das 90 solicitudes recibidas polo Goberno galego, 70 quedarán abonadas esta semana por un valor conxunto de 4,5 M€

27/12/22 | 17:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto para mellorar 51 paradas de autobús na zona norte de Lugo, no que investirá 1,6 M€

Estase elaborando unha proposta similar para as estradas autonómicas da provincia que conectan coa cidade polo sur

27/12/22 | 17:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 50.000 € na mellora dos centros culturais de Codeso (Boqueixón) e Milladoiro (Ames) ao abeiro das liñas de axudas a equipamentos culturais

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visita o resultado das obras realizadas en Codeso, mentres que o director de industrias Culturais comproba a modernización acometida no Milladoiro

27/12/22 | 17:22 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha no CHUAC unha nova unidade de ensaios clínicos que permitirá avaliar a efectividade de novos fármacos

Na actualidade, o servizo de Oncoloxía Médica do Chuac conta con máis de 160 ensaios clínicos activos