Medallas de Galicia 2025
Medallas de Ouro 2025
2025
Súa Alteza Real Dona Leonor de Borbón y Ortiz
A súa Alteza Real la Princesa de Asturias, dona Leonor de Borbón y Ortiz, é a filla maior de Sus Majestades los Reyes de España, don Felipe e dona Letizia. Naceu en Madrid o 31 de outubro de 2005. Foron os seus padriños de bautismo seus avós paternos, Sus Majestades los Reyes don Juan Carlos e dona Sofía.
É a Herdeira da Coroa desde a proclamación do seu pai como Rey o 19 de xuño de 2014. De acordo co establecido no art. 57.2. da Constitución, ostenta desde ese momento a dignidade de Princesa de Asturias, xunto cos títulos de Princesa de Gerona e Princesa de Viana, correspondentes os primoxénitos do Reino de Castela, da Corona de Aragón e do Reino de Navarra, cuxa unión formou no século XVI a Monarquía española. Ostenta, así mesmo, os títulos de Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera e Señora de Balaguer.
2025
Ricardo Río
Ricardo Rio naceu en novembro de 1972, está casado, é pai de tres filas e é natural de Braga. Licenciouse en Economía pola Facultade de Economía do Porto, onde completou tamén a parte curricular do Mestrado en Economía. Concluíu o Curso Avanzado de Estudos Políticos do IEP, da Universidade Católica de Lisboa.
Foi secretario xeral da Asociación Portuguesa de Analistas Financeiros e director do Instituto Mercado de Capitais da Euronext Lisbon. En paralelo, exerceu durante varios anos a actividade de consultoría pública e empresarial, sendo consultor en diversos programas da Porto Business School.
Ao longo da súa carreira colaborou con entidades como a CCDRn; a AEP; a AIMinho; o IFCTS; a Pamésa; a Astrolábio; a Universidade Fernando Pessoa; o IGFCSS; a Fundación para a Ciencia e Desenvolvemento da Cámara Municipal do Porto; a Euronext Lisbon; a QI – Quociente de Imagem; a ComunicAction; e diversas Autarquías (por vía directa ou por traballo conxunto con a Sigma – Team Consulting). Prestou asesoría ao Consello de Administración da Casa da Música e a Fundación Cidade de Guimarães.
Foi tamén docente universitario, na Universidade Fernando Pessoa, no ISAG, na Universidade Lusíada e no IESF.
A nivel de cargos públicos, asume, desde 2013, funcións como presidente da Cámara Municipal de Braga e foi concelleiro entre 2005 e 2013 e membro da Asemblea Municipal de Braga, no mandato de 2001 a 2005.
Foi tamén presidente da Asociacion Transfronteiriza de Municípios “Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular” (entre 2015 e 2017 e entre 2020 e 2022) e vicepresidente (entre 2014 e 2015 e entre 2022 e 2024).
É presidente do Consello Executivo da Comunidade Intermunicipal do Cávado, presidente do Comité Executivo do Global Parliament of Mayors e preside os Consellos de Administración das Empresas Municipais Faz Cultura e InvestBraga e do Pentágono Urbano.
É membro do Comité Executivo da Eurocities, membro do Comité das Rexións, onde é vicepresidente do Grupo do PPE, e tamén, desde 2016, do Champion Mayors for Inclusive Growth da OCDE, integrando o Steering Group da rede e membro da dirección da ATP - Asociacion de Turismo do Porto.
En 2022 foi distinguido co galardón “World Mayor Sustainability Award”, atribuído por The City Mayors Foundation e en 2025 foi distinguido co premio Dr. Benjamin Barber Global Cities Award, atribuído por Global Parliamentet of Mayors.
2025
Rui Moreira
Rui de Carvalho de Araújo Moreira naceu en Porto o 8 de agosto de 1956.
Asistiu ao Colexio Alemán de Porto e ao Liceo Nacional Garcia de Orta e licenciouse en Xestión de Empresas pola Universidade de Greenwich (Londres, Inglaterra) en 1978, obtendo ese ano o premio ao mellor alumno do curso.
De regreso a Portugal e a súa cidade natal destacou como unha voz activa na defensa dos intereses da cidade de Porto e da Rexión Norte, organizando e participando en conferencias sobre o tema e escribindo na prensa, onde foi columnista habitual. Tamén foi comentarista político en varias canles de televisión.
Foi regatista internacional, con varios títulos de campión nacional nas categorías sénior e júnior en distintas clases. Foi membro do Consello Consultivo do Fútbol Club de Porto.
En 2001 foi elixido presidente da Asociación Comercial de Porto, cargo que exerceu ata 2013. Paralelamente, desempeñou diversos cargos consultivos nas áreas de comercio, cultura e a ensinanza superior na Universidade de Porto e na Universidade Católica.
Rui Moreira liderou a candidatura independente á Cámara Municipal de Porto, sendo elixido el 29 de setembro de 2013. Tomou posesión como presidente da Cámara Municipal de Porto o 22 de outubro de 2013.
En 2017 volveuse presentar á presidencia deste municipio, novamente cunha candidatura independente. Nas eleccións municipais celebradas o 1 de outubro dese ano o movemento "Rui Moreira: Porto, Nosso Partido" gañou con maioría absoluta. Reconfirmado no cargo, Rui Moreira tomou posesión como presidente da Cámara Municipal de Porto para o mandato 2017-2021 o 25 de outubro de 2017.
En 2021 postulouse novamente para o cargo, para o terceiro e último mandato como independente na presidencia da Cámara Municipal de Porto. Nas eleccións municipais celebradas o 26 de setembro de ese ano, o movemento "Rui Moreira: Aqui há Porto!" foi reelixido polos portuenses e o executivo tomou posesión o 20 de outubro de 2021.
Discursos
- Discurso do presidente da Xunta de Galicia no acto de entrega das Medallas de Ouro de Galicia 2025 á Súa Alteza Real Dona Leonor de Borbón y Ortiz
- Discurso do presidente da Xunta de Galicia no acto de entrega das Medallas de Ouro de Galicia 2025 a Ricardo Río e Rui Moreira