A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informa en menos dun mes as obras no Parador de Monforte de Lemos

Lugo, 29 de abril de 2025

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural notificou a resolución favorable, condicionada á execución de control arqueolóxico, para os traballos da instalación de distribución térmica no Parador de Turismo de Monforte de Lemos; igualmente, contestou a consulta previa sobre a reforma da cuberta do Palacio de Alba. Deste xeito, a Xunta responde en menos dun mes ás dúas solicitudes, que tiveron entrada no Rexistro os días 9 e 3 de abril respectivamente.

Os técnicos do Servizo de Patrimonio Cultural da Delegación Territorial da Xunta estudaron e informaron en apenas tres semanas ambos expedientes, que se someteron á consideración do Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Lugo o pasado venres. Onte mesmo, asináronse as resolucións e notificáronse aos interesados.

Data de actualización: 29/04/2025