A Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio emitiu en 2024 un total de 75 informes que axilizan procedementos urbanísticos dos concellos
Este ente vén de reunirse esta semana en sesión plenaria, na que interviron o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas
A Xunta Consultiva presta asesoramento no eido do urbanismo aos concellos, especialmente, pero tamén aos Colexios Profesionais, entes empresariais, e administracións en xeral
O obxectivo é resolver cuestións de interpretación normativa que puidesen suscitarse en trámites por parte dos municipios, como por exemplo, o outorgamentos de licenzas, axilizando por tantos os procedementos
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2025
A Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu en 2024 un total de 75 informes que contribúen a axilizar procedementos urbanísticos por parte dos concellos.
Este ente autonómico vén de reunirse esta semana en sesión plenaria para seguir facilitando o cumprimento da normativa urbanística. No encontro interviron o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas.
Cómpre lembrar que a Xunta Consultiva presta asesoramento no eido do urbanismo aos concellos, especialmente, pero tamén aos Colexios Profesionais, entes empresariais, e administracións en xeral.
Os pronunciamentos emitidos permiten simplificar os procedementos administrativos que lle corresponden tramitar aos concellos no exercicio das súas competencias, como por exemplo, o outorgamento de licenzas. Neste sentido, o citado ente autonómico resolve dúbidas e cuestións de interpretación normativa que puidesen suscitarse nestes trámites por parte dos municipios.