A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Castro de Rei

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión de traballo co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.

Na xuntanza, que tivo lugar en San Caetano e á que asistiu tamén o director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Lugo, Marco Antonio Fernández, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas de mobilidade sostible.

A Xunta continúa prestando apoio aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/09/2025