O delegado da Xunta en Ourense preside a primeira comisión territorial de coordinación do curso político
2025-09-23
/documents/35297/1867451/230925+Comisi%C3%B3n+Territorial+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 23 de setembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presidiu esta mañá unha nova Comisión Territorial de Coordinación da Delegación, a primeira despois do verán, que contou coa participación dos directores territoriais das distintas consellerías.
Durante a reunión de traballo que se leva a cabo periodicamente, o delegado fixo un repaso polo estado de tramitación das principais actuacións que o Goberno galego está a impulsar nesta área territorial.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 23/09/2025