Javier Arias e Olimpia López manteñen o primeiro encontro institucional na delegación territorial da Xunta
2025-10-10
/documents/35297/1878432/101025+Reunion+subdelegada.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 10 de outubro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu hoxe na Delegación Territorial a Olimpia López no primeiro encontro institucional que manteñen desde o seu nomeamento como subdelegada do Goberno na provincia.
Arias felicitouna pola designación e ofreceulle “a leal colaboración do Goberno galego na xestión de iniciativas que requiran da concorrencia de ambas administracións, en aras do interese superior dos veciños e veciñas da provincia”.
Así mesmo, o delegado agradeceu o labor que durante anos realizou Olimpia López como responsable do Arquivo Xeral da Delegación Territorial, traballo que desempeñou ata a súa recente incorporación á Subdelegación do Goberno.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 10/10/2025