A Xunta aposta pola formación flexible dos comerciantes a prol da competitividade do sector

Ourense, 2 de febreiro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na sede da Confederación Empresarial de Ourense no acto de inauguración da exposición Inspiración natural...armonía natural, da Asociación de Floristas de Ourense e Provincia, Aflor. Esta mostra está composta polos traballos realizados no curso de formación sobre novas tendencias da arte floral impartido nos últimos días a floristas da provincia de Ourense e promovido por Aflor e a CEO. 

A aposta pola formación flexible no ámbito do comercio para mellorar a xestión, potenciar a experiencia de compra, conectar con novos públicos e  impulsar a competitividade no sector reflíctese no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030. Neste sentido, este ano o Goberno galego continuará potenciando este aspecto con distintas accións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2026