A conselleira Allegue mantén unha reunión coa asociación En Colectivo para abordar a AP-9

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión coa asociación En Colectivo para abordar, unha vez máis, a situación da autoestrada AP-9, tras o ditame da Comisión Europea e unha vez a Xunta demostrou con cifras que o rescate da concesión é posible, “que sae a pre, tendo en conta as bonificacións actuais”.

A conselleira, acompañada pola directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, explicou a Diego Maraña, voceiro de En Colectivo, o seguinte paso que dará o Executivo galego e que pasa por presentar un recurso contencioso- administrativo para reclamar ao Estado a información enviada á CE en resposta ao ditame que anula as últimas prórrogas da concesión da AP-9.

Esta xuntanza enmárcase nos encontros que está a manter o Goberno galego con distintas asociacións para reforzar a fronte común de reivindicación ao Goberno central na reclamación da transferencia, rescate e gratuidade da AP-9.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/02/2026