A Xunta comeza as actividades da Semana de Europa promovidas polo novo centro ‘Europe Direct Galicia’

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou ao debate ‘40 anos de Galicia na UE’ celebrado na facultade de Ciencias Políticas da USC sobre a situación xeopolítica actual, o papel de Europa e as novas prioridades da Comisión Europea

A Comisión Europea seleccionou a sede da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela como novo centro ‘Europe Direct Galicia’ posto en marcha co obxectivo de trasladar información á cidadanía sobre as prioridades da UE

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026

A Xunta arrincou hoxe as celebracións da Semana de Europa coa celebracións dun debate universitario na facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, no que participou o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo.

No debate, titulado 40 anos de Galicia na UE e moderado pola decana da facultade, Marta Lois, xirou en torno á situación xeopolítica actual, o papel de Europa e as novas prioridades da Comisión Europea. Jesús Gamallo destacou o papel da Unión Europea como actor internacional que se enfronta a desafíos e retos, tanto globais como internos e remarcou a importancia das prioridades da Comisión Europea como o escenario que define o camiño da Unión durante os próximos anos.

Esta actividade enmárcase dentro das propostas da nova oficina Europe Direct para a información para a cidadanía. A Comisión Europea seleccionou á Fundación Galicia Europa como sede para acoller este novo centro Europe Direct Galicia. A oficina está situada no edificio da sede da Fundación en Santiago de Compostela e funciona como punto de contacto entre a Unión Europea e a cidadanía.

O novo Europe Direct Galicia ten un enfoque centrado en trasladar información europea, combater a desinformación, achegar as prioridades da UE á cidadanía galega, promover a participación social no proceso de construción europeo e fomentar o debate público sobre o futuro do proxecto comunitario.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/05/2026