Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.837 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

01/06/2025 | 13:49 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta aposta por un Camiño de Santiago cada vez máis accesible, integrador e inclusivo

Xosé Merelles recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos da asociación DisCamino que fixo o Camiño co apoio dun vehículo adaptado financiado por Turismo de Galicia

01/06/2025 | 12:16 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta avanza na súa labor de promoción xacobea internacional coa Semana do Camiño na cidade brasileira de Porto Alegre

O director de Turismo de Galicia viaxará a Brasil para participar nas actividades programadas e manter varios encontros con autoridades locais para intensificar a colaboración en materia turística

31/05/2025 | 11:41 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense asiste á 14ª edición da Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia en Ribadavia

Ourense, 31 de maio de 2025. - O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, asistiu á  Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, que dende onte ata o vindeiro 1 de xuño, se está a desenvolver na Ruta do Viño O Ribeiro en Ribadavia.

31/05/2025 | 11:01 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia apoia unha nova edición de Estrelas Solidarias no Camiño que potencia a gastronomía como valor esencial do destino

Colabora neste evento no que Galicia Calidade terá especial protagonismo e que bota a andar o luns con distintas experiencias sobre o terreo na ría de Muros e Noia con chefs con máis de 70 Estrelas Michelin

30/05/2025 | 14:50 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o impulso da Xunta ao turismo náutico con máis de 3 M€ para a mellora de infraestruturas en portos

Presentou en Baiona a regata 52 Super Series que se desenvolverá na vila pontevedresa da man do Monte Real Club de Iates

30/05/2025 | 12:32 | Axencia de Turismo de Galicia

O programa Masterchef pon en valor o Camiño de Santiago e o Patrimonio do Interior de Galicia

O espazo foi gravado o pasado mes de marzo no Mosteiro de Oseira e conta coa colaboración dos alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia

30/05/2025 | 11:56 | Axencia de Turismo de Galicia

Os concertos do Xacobeo traen a Vigo a Al Di Meola, un dos máis grandes guitarristas norteamericanos

A delegada territorial, Ana Ortiz e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, anuncian unha nova actuación dentro do calendario dos Concertos do Xacobeo

29/05/2025 | 13:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Pantón acolle os días 20 e 21 de xuño unha nova edición do Festival ‘Trece Roeis’ co patrocinio da Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación do cartel, que conta con 16 bandas e artistas como Ilegales ou Sés

29/05/2025 | 12:46 | Axencia de Turismo de Galicia

O novo Festival Galicia Fest congrega en Vigo o mellor indie-pop nacional no marco dos concertos do Xacobeo

O director de Turismo de Galicia, xunto coa delegada da Xunta en Vigo, presentou esta mañá esta nova cita musical

29/05/2025 | 10:12 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia destina 120.000€ a axudas ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

A nova convocatoria, da que o ano pasado se beneficiaron un total de 23 proxectos de distintas entidades, ten aberto o prazo ata o vindeiro 20 de xuño