Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.754 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

11/06/2026 | 17:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Chantada o uso da paisaxe e dos materiais locais para elaborar tintes naturais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta tarde as persoas participantes no curso ‘Crear cor colleitando a paisaxe’, impartido pola artesá e historiadora Lala de Dios e pola artista téxtil colombiana Rosa Escobar

11/06/2026 | 15:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta investirá máis de 10 M€ en 23 obradoiros duais de emprego nos que se formarán 460 participantes de 57 concellos e catro mancomunidades da provincia de Ourense

Manuel Pardo salientou a importancia destas medidas, pois a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo efectivo de interese público, poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación, adquiren ferramentas para reforzar habilidades e competencias que respondan ás demandas do mercado laboral e permitan obter un emprego de calidade

11/06/2026 | 13:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a súa aposta pola formación flexible e á demanda das empresas e o seu plan de atracción de talento de cara á cobertura das vacantes laborais

José González salienta o decreto de microcredenciais que permitirá que asociacións como Anapat deseñen e certifiquen formación adaptada ás súas necesidades, a maiores das ordes formativas en beneficio das persoas desempregadas e ocupadas

11/06/2026 | 12:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o labor do Laboratorio de Riscos Psicosociais a prol de contornas laborais saudables e adaptadas aos novos retos tecnolóxicos

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Ribadeo na inauguración da xornada técnica Transformación dixital e intelixencia artificial: unha mirada desde a saúde laboral

11/06/2026 | 10:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Desde mañá os concellos e entidades sen ánimo de lucro poden solicitar os apoios á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2026 destas achegas dotadas con 6,5 M€ e cofinanciadas pola Unión Europea para incentivar a inserción laboral de máis de 350 persoas desempregadas de entre 18 e 29 anos 

10/06/2026 | 15:23 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Pablo Fernández visita Xuntos Síndrome de Down e destaca a importancia da integración social e laboral de todas as persoas

Esta entidade recibiu axudas da Xunta por valor de máis de 80.000 euros para levar a cabo programas de emprego e para a contratación de persoal