Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o Día da Amizade organizado pola Asociación Provincial de Amas de Casa que celebra o seu 60 aniversario
Belén do Campo e Gabriel Alén asistiron a este acto conmemorativo no que se entregou o premio á Participación Cidadá a Felipe Senén e se homenaxeou ás asociadas que cumpren 50 e 25 anos de pertenza á entidade
A Xunta reclama ao Goberno máis flexibilidade nos fondos de formación para impulsar unha experiencia piloto de microformacións con clústeres sectoriais
José González reitera a demanda de rachar coa rixidez destes fondos transferidos ás CCAA e solicita que unha parte deles se poida empregar para que o tecido produtivo adapte a formación ás súas necesidades de cualificación, co foco nos graos oficiais A
A Xunta lanza unha nova edición dos Bonos Talento Empresa dotada con 2,2 M€ para impulsar formación de curta duración e á carta do tecido produtivo
O DOG publica hoxe unha nova edición destas achegas para a posta en marcha desta formación áxil e non regrada dirixida aos cadros de persoal das empresas coa novidade da suba en 200.000 € en relación ao orzamento anterior para responder á demanda
A Xunta salienta en Ourense o valor de iniciativas como ‘Merca no teu comercio’ para impulsar este sector nos barrios e nos municipios do rural
O director xeral de Comercio e Consumo participou no barrio do Couto na entrega de premios da primeira quenda desta acción, que percorrerá 40 localidades galegas que non teñen centros comerciais abertos e chegará a máis de 60 asociacións de comerciantes
A Xunta participa no Porto nun foro arredor do proxecto transfronteirizo Iqual Campus a prol da igualdade laboral en Galicia e no norte de Portugal
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais interveu hoxe no arranque do foro ‘Pontes para a formación transfronteiriza en igualdade de xénero laboral’, poñendo en valor a plataforma en liña habilitada no marco da iniciativa de colaboración