Actualidade
Buscador de novas
A Xunta poñerá en marcha en 2026 a Casa de Artesanía de Ribadavia como espazo permanente para a comercialización do sector no marco de Vilas Vivas
José González destacou que un dos locais acondicionados na rúa Banda A Lira será dedicado a un centro estable de promoción artesanal, reforzando o papel deste ámbito como motor económico e cultural
A Xunta inaugura en Ribadavia o mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’ como punto de partida do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas
José González convidou a gozar da ampla programación prevista para estes días en Ribadavia arredor dos produtos artesáns e alimentarios de calidade e sinalou que este mercado suporá un punto de inflexión na recuperación do tecido comercial da vila
A Xunta destaca a implicación nos seus programas dirixidos á emigración como reflexo do orgullo dunha Arxentina que segue a sentir Galicia como a súa casa
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Bos Aires na entrega das compostelas e diplomas dos programas Reencontros con Galicia, Conecta co Voluntariado e Conecta con Galicia no Camiño
A Xunta amplía ata máis de 11,5 M€ as axudas dos programas integrados de emprego para favorecer as oportunidades laborais dunhas 5.500 persoas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o incremento de máis de 1,3 M€ no crédito da última convocatoria destas achegas, o que supón unha suba de case un 12% e que permitirá desenvolver seis programas máis
A Xunta resalta en Lalín o valor de colaborar co tecido comercial para dinamizar as rúas e fomentar o consumo de proximidade no Nadal
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no acto de acendido das luces de Nadal do concello pontevedrés e na inauguración dos escaparates máxicos, unha iniciativa que conta co apoio do Executivo galego