Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.660 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

11/06/2026 | 17:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A XXXI Feira da Ciencia de Ribadeo pecha o calendario de citas de Galicia Educa este curso

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participa na clausura do evento, organizado por centros do concello co apoio da Xunta

11/06/2026 | 17:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta que o proxecto para o CERN demostra a competitividade internacional da nosa I+G+i

O conselleiro de Ciencia destaca a capacidade de Galicia no ámbito científico, como mostra a aposta por participar no futuro acelerador de partículas do CERN en Suíza

11/06/2026 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia en Ourense a alianza entre a Universidade de Vigo e as empresas Coren e Sertogal para avanzar na dixitalización do sector avícola

Esta alianza entre universidade e empresas está dotada cun orzamento de 4,4 M€ ata 2028, cofinanciada con 1,8 M€ de fondos europeos, para abordar os principais desafíos da avicultura galega mediante I+D+i

11/06/2026 | 14:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta felicita ao instituto de Becerreá polo proxecto ‘Tamén en galego’

O director xeral de Centros e Recursos Humanos participou na entrega do Premio á Lingua e á Cultura ao sector da hostalaría do concello polo seu uso da lingua galega

11/06/2026 | 11:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A futura Lei de educación dixital de Galicia incorpora preto dunha trintena de achegas do Consello Escolar de Galicia

Román Rodríguez agradece ao conxunto da comunidade escolar as súas aportacións para enriquecer esta norma pioneira no conxunto do Estado

10/06/2026 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN en Suíza

Con esta finalidade, lánzase unha consulta previa ao mercado para que as empresas interesadas na fabricación do mesmo poidan presentarse ata o 9 de xullo

10/06/2026 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia a ampliación do instituto Lamas de Abade e eleva a case 6,5 M€ o investimento en obras en marcha nos centros educativos de Santiago

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisa o comezo dos traballos, que contan cun orzamento de máis de 1,3 M€ e habilitarán case 500 m² novos

10/06/2026 | 13:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade

Román Rodríguez reitera a aposta da Xunta pola inclusión educativa con novas medidas de reforzo nas aulas que se ampliarán o vindeiro curso

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa na clausura da sexta edición do programa Talentos Inclusivos para o fomento da innovación tecnolóxica e a inclusión social

10/06/2026 | 13:50 | C. de Sanidade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a participación de case 2.000 alumnos de 38 centros no programa Clases sen Fume, que leva 24 anos previndo o tabaquismo na mocidade

A secretaria xeral da Consellería de Sanidade destaca que esta iniciativa da Xunta axuda a concienciar á xuventude sobre a importancia de coidar a saúde en idades temperás

09/06/2026 | 15:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A provincia de Pontevedra suma dúas novas unidades mixtas de investigación impulsadas pola Xunta e concentra o 50% das apoiadas no 2025

A primeira delas, liderada polo CTAG en consorcio coas empresas Begas Motor e Kinergy Fuel Cell, desenvolverá electrónica de control dual para motor e pila de combustible contribuíndo a avanzar cara a mobilidade sostible